Comercio, Comunicacións Directiva, Cultura, Dereitos Sociais, Ecoloxía, Migración, Saúde, Terceira Idade, Urbanismo, Xuventude

Demandas Veciñais Eleccións 2015


PORTADAPETICIONSweb

Como ben sabedes o 24 de Maio celebraranse as Eleccións Municipais para escoller a quen levará o Concello durante os vindeiros catro anos. A nosa entidade, recollendo as demandas da xente que nos foron chegando, elaborou un documento que trasladou no día de hoxe tanto aos partidos políticos como aos medios de comunicación. A finalidade é que teñan en conta a visión dun colectivo formado por máis de 800 veciñas e veciños.

Para que podades ter acceso a dito documento, a nosa entidade pon ao voso dispor o PDF que recolle máis de 50 medidas: Mobilidade, Saúde, Educación, Urbanismo, Deporte, Animais…. Seguramente falten moitas máis demandas que engadiremos nos vindeiros documentos mais, para catro anos, consideramos que están as prioritarias e hai bastante por onde comezar.

Se queres descargar o documento PDF (Botón dereito do rato e “Gardar destino como…”):

Descargar Demandas Veciñais AVV Atochas Monte Alto

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar un comentario

Categorías

Horarios Buses Coruña

Centro Información Xuvenil

Somos entidade colaboradora co Servicio Voluntario Europeo