Migración

This category contains 23 posts

Charla informativa sobre a situación dos refuxiados en Europa

O próximo xoves 21 de abril ás 19:30 teremos a presentación do Proxecto MUROS na nosa Biblioteca Veciñal, no Campo de Marte. Este Proxecto trata de visibilizar a realidade dos milleiros de refuxiados que chegaron a Europa durante o 2015; por iso, a Asociación Causas Comúns percorreu 7 países durante os últimos meses para coñecer … Seguir lendo

Comeza o proceso participativo: “Monte Alto 2.0. Construir un novo barrio, decidir colectivamente.”

A Asociación Veciñal das Atochas – Monte Alto, a través do seguinte comunicado, informa que, a finais do mes de febreiro, lanzará unha nova iniciativa de participación baixo o nome de “Monte Alto 2.0. Construir un novo barrio, decidir colectivamente”. Dito proceso, que será aberto a todas as persoas e colectivos do barrio, procurará ser … Seguir lendo

Mércores 1 de Xullo primeira xuntanza para a creación da Comisión de Festexos

Boas tardes! Como xa fomos informando, a nosa entidade modificará o sistema de participación veciñal nos festexos do Barrio deste ano e quere convidarvos a unha xuntanza o vindeiro Mércores 1 de Xullo na Biblioteca Veciñal ás 20:30 horas. Agradécense ideas de actividades e xente que se ofreza para colaborar. Entre todas e todos podemos … Seguir lendo

Demandas Veciñais Eleccións 2015

Como ben sabedes o 24 de Maio celebraranse as Eleccións Municipais para escoller a quen levará o Concello durante os vindeiros catro anos. A nosa entidade, recollendo as demandas da xente que nos foron chegando, elaborou un documento que trasladou no día de hoxe tanto aos partidos políticos como aos medios de comunicación. A finalidade … Seguir lendo

Asina para a creación dunha “Horta Urbana Educativa-Comunitaria” no noso Barrio

O proxecto, que parte do Centro Xuvenil Abeiro, leva xa dende decembro funcionando. É un proxecto educativo que procura crear lazos interxeneracionais e colectivos. A fase 1 de creación de semilleiros e práctica de traballo en horta interior fíxose ao longo de xaneiro-febreiro no local da súa entidade, coas rapazas e rapaces do mesmo. Agora … Seguir lendo

Solicitamos asilo político para Hassanna Aalia

A Asociación Veciñal das Atochas – Monte Alto – A Torre, a través do seguinte comunicado, súmase á petición popular ao Estado Español de asilo político para o mozo saharaui Hassanna Aalia. A nosa entidade entende que, o Estado, non pode ceder ás presións do Goberno de Marrocos e máis cando é sabido a crueldade … Seguir lendo

Mércores 10 ás 20:30: IV Mobilización Veciñal

Apoio da entidade veciñal á anulación do convenio co Estado para a devolución do Cárcere da Torre

A Asociación Veciñal das Atochas – Monte Alto, a través do seguinte comunicado, quere trasladar ao Concello da Coruña o apoio da entidade á anulación do convenio co Goberno Central polo cal a cidade debía pagar pola devolución do edificio do antigo Cárcere Provincial da Torre. “Insistimos en que debe ser o Goberno Central que … Seguir lendo

Contestación da Concellaría de Servizos Sociais

Achegamos carta recibida o pasado Venres 28 do Concelleiro de Servizos Sociais, Miguel Lorenzo Torres, onde dá conta por escrito das propostas achegadas pola Asociación Veciñal das Atochas – Monte Alto – A Torre sobre o futuro do Cuartel da Policía Local de Orillamar na xuntanza mantida o Luns 24 de Marzo no seu despacho. … Seguir lendo

Cancelada a presentación da ILP

AVISO: CANCÉLASE A PRESENTACIÓN DA ILP DE HOXE ÁS 19:30 POLA MANIFESTACIÓN DA SANIDADE PÚBLICA QUE SAIRÁ ÁS 20:00 DENDE A CASA DO MAR E QUE ESTA ENTIDADE APOIA. A PESARES DISO, QUEN O DESEXE, PODERÁ PASAR A ASINAR E INFORMARSE POSTO QUE HABERÁ UNHA PERSOA DA CONFEDERACIÓN INTERSINDICAL GALEGA PRA FACELO. Moitas grazas pola … Seguir lendo

Concello da Coruña

Horarios Buses Coruña

Centro Información Xuvenil