Na horta que xestionamos no parque Carlos Casares, e no noso local da biblioteca veciñal, imos desenvolver un obradoiro sobre as hortas urbanas no que pode participar gratuitamente quen o desexe, inscribíndose no noso local veciñal no Campo de Marte ou no noso teléfono 981 222 635. Terá lugar en catro sábados pola mañá a … Seguir lendo
Agra de Santo Amaro: Limpeza e acondicionamento xa!!
Concentración o sábado 25 de setembro ás 12:30 h na Agra de Santo Amaro, á altura do número 61 da Avenida de Navarra. Seguir lendo
Apoia a marcha do vindeiro 5 de xuño en Santiago de Compostela contra a invasión eólica de Galiza, que sairá da Alameda ás 12 horas. EÓLICA ASÍ NON! Seguir lendo
Mañá xoves 25 de marzo, coincidindo coa data do pasamento de Ricardo Carvalho Calero, a Federación Galiza Cultura proponnos unha xornada de recordo e espallamento da súa vida e obra (cancelo: #CarvalhoLinguaETerra). Con este fin, ás 20:00h emitirase un vídeo coa Intervención de María Victoria Carballo-Calero Ramos e unha conferencia de Manuel Castelao Mexuto e … Seguir lendo
A Asociación Veciñal, ante as novas de que Abanca pretende pechar a oficina de Orillamar, e ante a continua perda de servizos bancarios no barrio, reclama tanto da Administración como da propia entidade que se manteñan os servizos á veciñanza. Seguir lendo
Debido as novas medidas de desescalada do confinamento, a partir de mañá martes 12 de maio, a Biblioteca Veciñal, no Campo de Marte, atenderá a porta pechada para préstamo e devolución de libros, en horario de 10 a 12 horas. Non se abre ao público, nin para lectura ou uso de ordenadores, senón exclusivamente para … Seguir lendo
A Asociación Veciñal Atochas – Monte Alto – A Torre nomeada finalista na Gala do Libro Galego 2020 na modalidade Iniciativa Cultural ou de Fomento da Lectura. Seguir lendo
Lembramos algunhas das demandas que se resolveron con éxito para mellorar o noso barrio. Seguir lendo
A Asociación Veciñal, recollendo as suxestións dos comerciantes e hostaleiros afectados, solicita a implementación dunha serie de medidas que supoñan unha verdadeira mellora e revitalización desta área comercial. Seguir lendo
Vimos de crear unha conta de Telegram, que queremos converter nunha canle aberta e directa de comunicación coa veciñanza. Para participardes, só tedes que descargar a aplicación aquí: https://telegram.org/ ou no PlayStore. A continuación, podedes acceder directamente no seguinte enderezo: http://t.me/AVMontealto Agardámosvos!