Comunicacións Directiva

A memoria de Santo Amaro, cos restos da súa capela, a fonte do Picho e o campo da romaría das “merendiñas”, van quedar sepultadas polo cemento da avaricia construtiva


Convocamos un acto de denuncia e reivindicativo, no que simbolicamente sinalaramos a localización da “Fonte do Picho” cun cartel, este sábado 11 de febreiro, ás 12 horas, na rúa Fonte de Santo Amaro.

A parcela API Q16.2  (H3.01) San Amaro-Orillamar,  do  polígono POL-H3.01, que se corresponde cunha parte da coñecida como “Agra de Santo Amaro”, concretamente a situada debaixo do chamado “Balcón de Santo Amaro” e entre a Residencia Torrente Ballester, a Rúa Fonte de Santo Amaro e o Paseo Marítimo, vai ser ocupada case por completo por un gran edificio de vivendas que sepultará definitivamente os restos materiais e da Capela de Santo Amaro e os outros elementos relacionados co seu culto.

Este espazo ten transcendencia patrimonial e histórica para o noso barrio e para a cidade da Coruña, pois alberga a memoria do culto a Santo Amaro navegante e a dos relatos lendarios arredor da súa figura.

Nese lugar estivo emprazada a Capela de Santo Amaro, o lugar máis conspicuo e representado na cartografía antiga desta península despois da Torre de Hércules.  Existe tamén, aínda claramente visible, un manancial natural denominado “Fonte do Picho”, fonte da que se surtían de auga os veciños e especialmente o día da Romería de Santo Amaro, pois nese campo celebrábanse as denominadas “merendiñas”, celebración campestre tradicional até non hai moitos anos (aínda que, precisamente polo deterioro desta parcela, se tivese cambiado de emprazamento).

 

Mapa de 1634 coa capela de S Amaro e a Torre como únicos elementos representados en Monte Alto
Imaxe aérea de 1942
 Imaxe de 2022

O proxecto de urbanización aprobado recentemente, con informes positivos da Xunta, tanto de impacto ambiental (que di literalmente “non é previsible que o proxecto poida causar impactos ambientais significativos” e tamén «Respecto á afección aos cursos de auga, non se prevé que exista unha afección directa ao dominio público hidráulico».) como de patrimonio (que di Esa dirección xeral emite un segundo informe no que fai un breve resumo da documentación achegada polo promotor indicando que dita documentación incorpora un catálogo de bens documentados na zona de afección do proxecto e no seu entorno inmediato. Así mesmo, non se localizaron restos da capela de San Amaro nin da fonte”, todo isto despois de contestar a alegacións da nosa Asociación que non ten capacidade para efectuar un estudo da zona), vai supoñer a desaparición definitiva deste elementos patrimoniais, pois o espazo edificado vai ser, desde a nosa perspectiva, claramente excesiva, facendo un edificio con trazado curvo que vai case ate a fachada da residencia da terceira idade e come case por completo

Demandamos, tal e como xa fixemos con alegacións aos informes da Xunta e en escritos dirixidos ao Concello:

-Que ser reduza o tamaño da edificación, conservando un espazo amplo que permita recuperar e poñer en valor estes restos.

-Que durante a execución das obras de construción dos edificios referidos se vele pola posible aparición de restos materiais  (especialmente os restos da capela) e se proceda ao seu estudo arqueolóxico tal e como obriga a Lei de Patrimonio Histórico.

-Que se preserve e a Fonte Picho, perfectamente visible e que sinalermos cun cartel (dirixido especialmente ao Concello á Xunta, de onde din que non a atopan e que as obras non terán afectación a canles de auga), restaurando o manancial e o picho que orixinalmente tiña, e integrándoa no espazo verde que circundará a construción.

Imaxe antiga dos restos da Capela e ao fondo do Castelo de Santo Amaro
Romaría das Merendiñas

Advertisement

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

Horarios Buses Coruña

Centro Información Xuvenil

Somos entidade colaboradora co Servicio Voluntario Europeo

A %d blogueros les gusta esto: