Comunicacións Directiva

Merendiñas 2023


Sábado 13 de maio, desde as 12h, novo acto de denuncia da desmesura construtiva e de reivindicación da conservación do patrimonio.

Limpeza e picoteo na Fonte do Picho.

Como continuación das accións reivindicativas contra a edificación que se vai realizar na zona onde estaba a Capela de Santo Amaro, e aínda está a Fonte do Picho ou de Santo Amaro, no tradicional campo no que se celebraban as “merendiñas” (na hoxe “Rúa Fonte de S. Amaro), imos facer unha nova acción lúdica e de traballo.

Comezaremos cunha limpeza e rozado do entorno da fonte, na que xa colocamos un cartel sinalando o lugar no que se atopa (en resposta ao informe ambiental e de patrimonio da Xunta, que afirma que non se observa). 

A continuación faremos o que denominamos “merendiñas de aperitivo”: tomaremos uns petiscos acompañados do grupo de gaiteiros da asociación e máis o “Grupo da Serpe” que lidera Xurxo Souto. 

En resumo, adecentaremos un pouquiño o espazo do que reivindicamos a súa conservación e pasaremolo ben mentres rememoramos aquelas xornadas de lecer que eran as merendiñas.

Agardamos  a vosa participación, e agraceremos a achega de ferramenta e algo para o picoteo colectivo.

Máis información da campaña nesta anterior entrada deste blog:

Advertisement

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

Horarios Buses Coruña

Centro Información Xuvenil

Somos entidade colaboradora co Servicio Voluntario Europeo

A %d blogueros les gusta esto: