Sábado 13 de maio, desde as 12h, novo acto de denuncia da desmesura construtiva e de reivindicación da conservación do patrimonio. Limpeza e picoteo na Fonte do Picho. Como continuación das accións reivindicativas contra a edificación que se vai realizar na zona onde estaba a Capela de Santo Amaro, e aínda está a Fonte do … Seguir lendo
Mañá xoves 2 de marzo, a partir das 19:30h, nova actividade do ciclo que chamamos “de inverno”: contacontos para adultos con historias “De alá de onde eu veño” de Caxoto. Entrada libre ata completar aforo.
Convocamos un acto de denuncia e reivindicativo, no que simbolicamente sinalaramos a localización da “Fonte do Picho” cun cartel, este sábado 11 de febreiro, ás 12 horas, na rúa Fonte de Santo Amaro. A parcela API Q16.2 (H3.01) San Amaro-Orillamar, do polígono POL-H3.01, que se corresponde cunha parte da coñecida como “Agra de Santo Amaro”, … Seguir lendo
O xoves 12 de xaneiro, a partir das 19 horas, no noso local, a Biblioteca Veciñal (Campo de Marte / Rúa da Torre), presentaremos a novela “Medidas Desesperadas (morte no parque)”, da escritora coruñesa María Acosta Díaz. Achegádevos a conversar coa autora e coñecer de primeira man os detalles desta intriga!
Sesión de contacontos sobre memoria, historia e identidade, e visita do Apalpador O próxímo mércores 21 de decembro, a partir das 17:45 horas, recibiremos a vista do Apalpador, que atenderá a nenos e maiores e nos animará a tarde cos seus contos e parrafeos. Fálase de que un tal Caxoto será o que ande tras … Seguir lendo
Este sábado 19, a partir das 11 horas, primiero roteiro, este sobre o patrimonio material e inmaterial do barrio: das lendas de Santo Amaro aos muiños de vento. Conducido pola arqueóloga e antropóloga Ana Isabel Filgueiras Rei. A actividade constará dunha presentación na nosa biblioteca veciñal, cunha proxección de imaxes e explicacións da condutora do … Seguir lendo
Este sábado 15 de outubro celebraremos as tradicionais festas de Monte Alto, en co-organización da nosa Asociación Veciñal e o Concello da Coruña, cun amplo programa para todos os públicos e idades. Comezaremos pola mañá, a partir das 11:30, cunha alborada polas rúas máis emblemáticas do barrio, a cargo de Son D´Aquí, e unha actuación … Seguir lendo
Na horta que xestionamos no parque Carlos Casares, e no noso local da biblioteca veciñal, imos desenvolver un obradoiro sobre as hortas urbanas no que pode participar gratuitamente quen o desexe, inscribíndose no noso local veciñal no Campo de Marte ou no noso teléfono 981 222 635. Terá lugar en catro sábados pola mañá a … Seguir lendo
Este mércores 9, ás 19:00 h, na nosa biblioteca veciñal, organizado pola Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica, en colaboración coa nosa Asociación Veciñal, terá lugar a presentación do 6º Roteiro da Vergoña, coa presenza de Manolo Monge, no que se falará dos “restos do franquismo na Coruña e no barrio de Monte Alto” e se adiantará o … Seguir lendo
A represión franquista en Valdeorras e a reparación non asumida polo Concello da Coruña Na represión e asasinatos levados a cabo polos franquistas ao final da guerra na comarca de Valdeorras tivo un papel destacado o que despois sería alcalde da Coruña, Peñamaría de Llano. O Pleno do Concello do Barco de Valdeorras, por iniciativa … Seguir lendo