Este sábado 15 de outubro celebraremos as tradicionais festas de Monte Alto, en co-organización da nosa Asociación Veciñal e o Concello da Coruña, cun amplo programa para todos os públicos e idades.
Comezaremos pola mañá, a partir das 11:30, cunha alborada polas rúas máis emblemáticas do barrio, a cargo de Son D´Aquí, e unha actuación de música e baile tradicional no Campo de Marte con Xacarandaina.
Ás 12:30 faremos unha homenaxe a Saleta Goi, veciña recentemente falecida, muller do poeta Manuel María, ambos socios e colaboradores da nosa entidade. Será diante da que fora a súa casa na rúa Javier Fonte.
Ás 13:30, xa na Rúa Parque, sesión vermú co dúo Calú.
Pola tarde, na Praza de Indalecio Prieto, actividades para público infantil, con inchables, maxia, circo… E á noite, a partir das 21h, na Rúa Parque, tres concertos espectaculares: Treixadura, Crisom and Clover, e Dios Ke te Crew.
Animádevos a participar!
Conversa
Aínda non hai comentarios.