Na horta que xestionamos no parque Carlos Casares, e no noso local da biblioteca veciñal, imos desenvolver un obradoiro sobre as hortas urbanas no que pode participar gratuitamente quen o desexe, inscribíndose no noso local veciñal no Campo de Marte ou no noso teléfono 981 222 635. Terá lugar en catro sábados pola mañá a partir deste 23 de abril.
Este obradoiro enmárcase no programa “Connecting Nature” do Concello da Coruña, financiado por la Unión Europea dentro do programa Horizon 2020 de innovación.
Desde a nosa Asociación Veciñal animámosvos a participar pois desenvolveremos interesantes charlas e obradoiros prácticos de utilidade para a xestión dunha horta urbana e para o coñecemento da tradición hortícola da nosa cidade, que até hai ben pouco tempo conservaba, entre outros lugares no nos barrio, pequenas leiras dedicadas a cultivos.

Conversa
Aínda non hai comentarios.