Guía Turística

Benvida/o ao Barrio de Atochas – Monte Alto – Torre de Hércules. A zona que vostede vai visitar é unha das máis poboadas da cidade da Coruña e unha das que ten un maior número de lugares de interese histórico-cultural.

As Atochas – Monte Alto érguense na Península da Torre de Hércules e considérase o distrito dous da Coruña. A maior parte da súa poboación provén do rural e doutras vilas mariñeiras máis pequenas aínda que agora, debido ao envellecemento da poboación residente e as novas construccións, moita xente xoven comeza a ocupar os novos pisos. Tamén cabe salientar o feito de que a xente xoven que ven a estudar á cidade atopa no noso barrio pisos cun aluguer baixo e un ambiente moi agradable (costumes, tendas, festa, colectivos…)

Os monumentos e lugares de interese cultural que podemos atopar no Barrio de Monte Alto son moitos e variados.

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar un comentario