Queres facerte socia/o da nosa entidade veciñal? Queres ter ao teu dispor unha Biblioteca con 7.000 volumes? Pois báixate o noso formulario e asóciate!
Prezo: A cota é de 2 euros ao mes (24 euros/ano)
Servizos: Poderás coller libros da nosa Biblioteca Veciñal (con 7.000 volumes), acceso a Internet e, logo de que leves un ano como socia/o, poderás empregar o noso servizo de asesoramento legal sen costes adicionais.
Como asociarme?
1. Imprime o formulario, cúbreo e pasa pola Biblioteca para entregalo. O noso horario é todas as mañás, de luns a venres, de 10:00 a 13:30 e polas tardes (Luns, Mércores e Xoves) de 16:30 a 19:30.
Debo achegar algo máis xunto co formulario? Si, unha fotocopia do teu carné de identidade.
Quero asociarme! Pois báixate o documento (en PDF) facendo clic eiquí: Formulario de Alta
Actividade subvencionada pola Deputación da Coruña
Conversa
Aínda non hai comentarios.