Constantino Pazos Agra é un concellal republicano que se separa do Casino do seu partido ó levar na súa gorra frixia una coroa real, por ser socio do Club Coruña de Fútbol – presidido honorariamente por Alfonso XIII – , escandalizando ós seus correlixionarios. Nas eleccións edilicias de decembro de 1909, Constantino presenta o seu programa polo distrito IV, o “ Labirinto de Atocha “, onde conta con moitas simpatías ( por esta circunscripción sairá elixido ata 1914, pasando logo ó III ou Ensanche ata 1923 ) : apertura de fuentes públicas neste barrio das “ casas do remo “ ; construcción dun lavadoiro ; obriga do xefe da garda municipal de vestir constantemente o seu uniforme.
Na sesión municipal do 30 de novembro de 1921, Constantino propón, para “ solucionar o problema da vivienda, expropiar tódolos terreos entre a antiga Carretera da Torre e a nova Circunvalación, polo lado dereito daquela, para ceder logo eses mesmos terreos, parcelados en solares, a quen se dispuña a construir axiña neles casas de renda económica, destinadas a vivendas hixiénicas “.
Na sesión do 7 de decembro do mesmo ano, dase conta da proposición dos concellais republicanos Julio Suárez Ferrín ( futuro alcalde accidental en xullo do 36, sendo o titular o seu irmán Alfredo, fusilado polos sublevados daquel mes ), Eduardo Paredes Rodríguez, Francisco Fontenla Ferreiro, Julio Pardela Caamaño, Isidro Rivas, Francisco Salvadores de la Fuente, Alfonso Vázquez, Julio Pintané e José Ortiz Millán e os monárquicos mauristas José Fernández López e Salvador Sanz Martínez insistindo “na construcción dun novo barrio en zona tan sana e tan ben orientada como o é a próxima á Torre, prestando á par un grande servizo a grande número de cidadáns de clase media e xornaleira, que fai anos sofre pena de amoreamento sen posible esperanza de redención “.
Pazos Agra aproveita a ocasión para criticar ós concellais mauristas : “Estráñame que varios asinantes da proposición aprobaran con anterioridade a construcción dunha Cerdópolis naqueles lugares “ ( na sesión municipal do 30 de outubro de 1918, coméntase un proxecto do arquitecto municipal Pedro Mariño, xa no ano 1898, de construir unha Cerdópolis ou cortello de tódolos porcos da Coruña, en Monte Alto : en 1897/99, Mariño está erguendo o Matadoiro Municipal, a carón da praia da Berbiriana, que acabará levando o nome deste edificio ). Replica Alfonso Vázquez : “Non son incompatibles a nova barriada e a Cerdópolis pois están perfetamente distanciadas. Suxiro que se amplíe a proposición ata o lugar de Monte Alto, que reúne tamén excepcionais cualidades para o obxecto “. Contesta Suárez Ferrín : “Non pode ser porque xa hai particulares que xestionan edificar chalés en Monte Alto“.
(Grazas a Xurxo Souto por facernos chegar esta información. Esta información pasoulla un historiador.)
Os comentarios están pechados.