Este sábado 19, a partir das 11 horas, primiero roteiro, este sobre o patrimonio material e inmaterial do barrio: das lendas de Santo Amaro aos muiños de vento. Conducido pola arqueóloga e antropóloga Ana Isabel Filgueiras Rei.
A actividade constará dunha presentación na nosa biblioteca veciñal, cunha proxección de imaxes e explicacións da condutora do roteiro, e despois un paseo polo barrio vendo e comentando in situ estes elementos do noso patrimonio.
Animádevos a participar nestas actividades que desenvolveremos, co apoio da Deputación da Coruña, de aquí a finais de ano.




Conversa
Aínda non hai comentarios.