Dende a Asociación Veciñal Atochas – Monte Alto – A Torre, apoiamos a concentración que terá lugar o próximo sábado 12, ás 12:30h diante da subdelegación do goberno e animamos a toda a veciñanza a participar en defensa do porto da Coruña. É obrigado o uso de máscara e o respecto da distancia de seguridade, … Seguir lendo
Este ano o grupo renovado que traballa a Horta urbana comunitaria, na parcela cedida polo Concello da Coruña á Asociación Veciñal, fixo unha grande labor. Ademais de plantas aromáticas hai cabaciños, tomates e cherrys, pementos… Dá xenio ver os bancais! Pedímoslle a veciñanza que respete o esforzo realizado polas persoas que levan a horta, e … Seguir lendo
De cara ao traballlo na Horta Urbana Comunitaria de Monte Alto para o próximo ano 2020, abrimos o prazo de inscrición para 10 novas persoas, dende o próximo día 15 ata o 3o de novembro, ambos incluídos. Seguir lendo
Solicitamos ao Concello que repare a infraestrutura das Hortas Urbanas do barrio. Seguir lendo
O próximo sábado 21 de setembro Mar de Fábula organiza unha recollida de lixo nas ribeiras de Riazor e Orzán, con ocasión do Día Internacional de Limpeza de Praias Seguir lendo
O pasado mes de abril, solicitamos actuacións de mantemento nos parques do barrio, despois das denuncias recibidas polo seu mal estado xeral. Seguir lendo
Ante a controversia que se está a xerar pola realización do encontro durante a campaña electoral, e temendo vernos envoltos en polémicas partidistas ou electoralistas que non nos corresponden, decidimos anular esta actividade ata novo aviso. Seguir lendo
O mércores día 15 de maio ás 19:30h na Biblioteca Veciñal do Campo de Marte, encontro aberto: Proxecto de renovación do Campo de Marte. O documento está á vosa disposición no mesmo local. Seguir lendo
Esiximos que se paralice de forma urxente a tala inxustificada destas árbores, que incumpre o obxecto do obradoiro, porque non é acondicionamento e mellora dos xardíns adxacentes ao camposanto, como anunciou a Consellería de Emprego, senón a súa destrucción. Seguir lendo
Trasladamos ao Concello a necesidade urxente de actuacións por parte de Medio Ambiente, para o control da expansión da Herba do Coitelo na franxa litoral do noso barrio. Seguir lendo