Dereitos Sociais

This category contains 43 posts

Resposta da nosa entidade a COPASA logo da súa petición á Policía Local de aumento no número de multas nas Xubias.

A Asociación Veciñal das Atochas – Monte Alto – Torre de Hércules, a través do seguinte comunicado, quere facer público o seu posicionamento perante a petición de COPASA á Policía Local da Coruña de que intensifique o número de multas na contorna do Materno Infantil – Oncolóxico coa finalidade de aumentar as súas ganancias. Como … Seguir lendo

Sobre o centro para pasar a noite para as persoas sen teito en Monte Alto.

A Asociación Veciñal das Atochas – Monte Alto – Torre de Hércules, a través do seguinte comunicado, quere facer público o seu posicionamento sobre o centro para pasar a noite destinado ás persoas sen teito que a Concellaría de Xustiza Social e Coidados quere crear no noso barrio. Perante certas informacións que están a aparecer … Seguir lendo

Proxecto de robótica con fins veciñais.

Este xoves día 10 ás 20:00 na nosa Biblioteca Veciñal do Campo de Marte, teremos unha charla e posterior posta en común de ideas para un proxecto de  prototipado (robótica) que teña como finalidade mellorar algúns aspectos da vida en común do Barrio.  Dito proxecto de prototipado verá a luz a través  dun evento intensivo … Seguir lendo

A entidade veciñal apoia ás traballadoras e traballadores de Extel afectados polo ERE

Logo da chamada solicitando o apoio da nosa entidade veciñal por parte de familias do Barrio con persoas afectadas polo ERE da empresa Extel, a directiva decidiu apoiar as mobilizacións coa finalidade de que se manteñan os seus postos de traballo. Do mesmo xeito, facemos un chamamento a toda a veciñanza para que apoien ditas … Seguir lendo

Charla informativa sobre a situación dos refuxiados en Europa

O próximo xoves 21 de abril ás 19:30 teremos a presentación do Proxecto MUROS na nosa Biblioteca Veciñal, no Campo de Marte. Este Proxecto trata de visibilizar a realidade dos milleiros de refuxiados que chegaron a Europa durante o 2015; por iso, a Asociación Causas Comúns percorreu 7 países durante os últimos meses para coñecer … Seguir lendo

O Concello da Coruña non amplía a liña 17 até o Materno Infantil – Oncolóxico pero crea liñas especiais para a Copa do Rei de Baloncesto.

A Asociación Veciñal das Atochas – Monte Alto, a través do seguinte comunicado, queremos facer público o posicionamento da entidade perante o silencio administrativo por parte da Concellaría de Mobilidade á petición de ampliación da liña 17 até o Materno Infantil – Oncolóxico. Logo da xuntanza o pasado 17 de febreiro co concelleiro Daniel Díaz, … Seguir lendo

“Monte Alto 2.0” o primeiro encontro veciñal será o xoves 25 de febreiro ás 19:00 no Centro Cívico de Monte Alto

Informamos que o primeiro encontro veciñal de debate e decisión “Monte Alto 2.0” terá lugar no Centro Cívico de Monte Alto (Vereda Polvorín, Praza dos Avós) o vindeiro xoves 25 de febreiro ás 19:00 horas. O tema a debater será: “A reforma do Mercado”. Ao comezo do mesmo, a nosa entidade fará un breve resumo … Seguir lendo

Comeza o proceso participativo: “Monte Alto 2.0. Construir un novo barrio, decidir colectivamente.”

A Asociación Veciñal das Atochas – Monte Alto, a través do seguinte comunicado, informa que, a finais do mes de febreiro, lanzará unha nova iniciativa de participación baixo o nome de “Monte Alto 2.0. Construir un novo barrio, decidir colectivamente”. Dito proceso, que será aberto a todas as persoas e colectivos do barrio, procurará ser … Seguir lendo

Operación Quilo en colaboración co Centro Xuvenil Abeiro

Como en anos anteriores, a nosa entidade veciñal colaborará co Centro Xuvenil Abeiro coa campaña solidaria de recollida de alimentos para as persoas que, por motivos económicos, o precisen. Poderedes deixar as vosas doazóns na nosa Biblioteca Veciñal do Campo de Marte. Pequenos xestos que fan o noso mundo algo mellor. Grazas!

Sen confirmación da celebración das “Festas Monte Alto 2015”

A Asociación Veciñal das Atochas – Monte Alto – A Torre, a través do seguinte comunicado, quere denunciar que, a falta dun mes para as Festas do Barrio, o Concello da Coruña e o IMCE non confirmaron a súa colaboración nin a concesión dos permisos para a celebración da mesma. Un evento do que informou … Seguir lendo

Concello da Coruña

Horarios Buses Coruña

Centro Información Xuvenil