A A.V. de Monte Alto apoia a concentración convocada o 6 de outubro ás 17:00h na Praza de Portugal. Fóra casas de apostas! Seguir lendo
A marcha nórdica é un xeito de camiñar apoiándose ou impulsándose con dous bastóns técnicos que permiten avanzar máis rápido, pero cansando menos as articulacións das pernas (nocellos, xeonllos, cadeiras), movendo o 90% dos músculos do corpo e fortalecendo os músculos do tronco e brazos. Pódese practicar en calquera terreo e en compañía. É un … Seguir lendo
A Escola Infantil Municipal de Monte Alto, organiza un Mercadillo solidario de plantas en favor das Escolinhas de Tete en Mozambique. Dende a Asociación Veciñal colaboramos co proxecto, recollendo doazóns de plantas e macetas para a súa posterior venda. Seguir lendo
Despois de moitos anos reivindicando e realizando accións, conseguimos a ampliación da liña 17 ao Materno Infantil. Seguir lendo
O COF de Orillamar celebra o seu 35 aniversario con un programa de actividades e a posta en marcha de un novo servizo. Seguir lendo
A Asociación Veciñal das Atochas – Monte Alto – Torre de Hércules, a través do seguinte comunicado, quere facer público o seu posicionamento perante a petición de COPASA á Policía Local da Coruña de que intensifique o número de multas na contorna do Materno Infantil – Oncolóxico coa finalidade de aumentar as súas ganancias. Como … Seguir lendo
A Asociación Veciñal das Atochas – Monte Alto – Torre de Hércules, a través do seguinte comunicado, quere facer público o seu posicionamento sobre o centro para pasar a noite destinado ás persoas sen teito que a Concellaría de Xustiza Social e Coidados quere crear no noso barrio. Perante certas informacións que están a aparecer … Seguir lendo
Dende a asociación veciñal queremos chamar a atención ao Concello da Coruña e comunicar que, dende hai varios días, están aparecendo ratos mortos na confluencia da rúa Santo Tomás coa rúa Colón. Descoñecemos o foco de procedencia de ditos animais, polo que solicitamos á concellaría de Medio Ambiente unha investigación coa finalidade de eliminar a … Seguir lendo
Recordamos que mañá, mércores 21 de decembro, ás 18:30, teremos unha charla sanitaria informativa sobre o ácido úrico organizada polo Colexio Oficial de Farmacéuticos da Provincia da Coruña, na nosa Biblioteca Veciñal do Campo de Marte.
A entidade quere informar que, o vindeiro mércores 20 de abril, ás 18:30, haberá na Biblioteca Veciñal a seguinte das charlas sobre risco cardiovascular. Do mesmo xeito, faranse medidas de presión arterial, índice de masa corporal e ácido úrico a 20 veciñas e veciños que se anoten. Ditas probas, realizadas por profesionais da medicina, servirán … Seguir lendo