Comercio

This category contains 21 posts

Comeza o proceso participativo: “Monte Alto 2.0. Construir un novo barrio, decidir colectivamente.”

A Asociación Veciñal das Atochas – Monte Alto, a través do seguinte comunicado, informa que, a finais do mes de febreiro, lanzará unha nova iniciativa de participación baixo o nome de “Monte Alto 2.0. Construir un novo barrio, decidir colectivamente”. Dito proceso, que será aberto a todas as persoas e colectivos do barrio, procurará ser … Seguir lendo

Xuntanza entre a ANPA da Escola Infantil Monte Alto, praceiras/os do Mercado de Monte Alto e a nosa entidade veciñal co concelleiro de Rexeneración Urbana, Xiao Varela.

O pasado 11 de xaneiro, a nosa entidade veciñal denunciou, a través dos medios de comunicación, o estado lamentábel no que se atopa o Mercado de Monte Alto e da necesidade urxente da súa reforma. Acompañando a nosa denuncia, a ANPA da Escola Infantil de Monte Alto, situada tamén na praza, e as praceiras e … Seguir lendo

Mercado de Monte Alto: Urxencia e necesidade de reforma no 2016.

A Asociación Veciñal das Atochas – Monte Alto – A Torre, a través do seguinte comunicado, insta ao Goberno Municipal da Marea Atlántica a que poña enriba da mesa unha data para a reforma do Mercado de Monte Alto. “Para achegar dun xeito construtivo as nosas suxestións e desbloquear o proceso de reforma, a nosa … Seguir lendo

Programación “Festas Monte Alto 2015”: A unión fai a forza!

Chegan, un ano máis, as “Festas Monte Alto” e, desta volta, con moitas novidades en actividades. Logo de diversas xuntanzas, un grupo de colectivos e locais do Barrio decidimos unir as nosas forzas coa finalidade de mudar o concepto de festividade que, até o de agora, viña facéndose na nosa cidade. Agradecer ao Concello da … Seguir lendo

Mércores 1 de Xullo primeira xuntanza para a creación da Comisión de Festexos

Boas tardes! Como xa fomos informando, a nosa entidade modificará o sistema de participación veciñal nos festexos do Barrio deste ano e quere convidarvos a unha xuntanza o vindeiro Mércores 1 de Xullo na Biblioteca Veciñal ás 20:30 horas. Agradécense ideas de actividades e xente que se ofreza para colaborar. Entre todas e todos podemos … Seguir lendo

Demandas Veciñais Eleccións 2015

Como ben sabedes o 24 de Maio celebraranse as Eleccións Municipais para escoller a quen levará o Concello durante os vindeiros catro anos. A nosa entidade, recollendo as demandas da xente que nos foron chegando, elaborou un documento que trasladou no día de hoxe tanto aos partidos políticos como aos medios de comunicación. A finalidade … Seguir lendo

A Policía Local ocupa San Vicente de Paul

A Asociación Veciñal das Atochas – Monte Alto, a través do seguinte comunicado, quere facer público o seu posicionamento perante as denuncias das veciñas e veciños da rúa San Vicente de Paul polo espazo reservado para o aparcamento da Policía Local. En primeiro lugar, a nosa entidade quere expoñer que, por parte do Goberno Municipal, … Seguir lendo

Vereda do Polvorín: nin mantemento na rúa, nin iluminación polo Nadal

A Asociación Veciñal das Atochas – Monte Alto, a través do seguinte comunicado, quere denunciar o abandono que sofren a veciñanza e os comercios da rúa Vereda do Polvorín. Un abandono que se fai patente ao ver o asfaltado, as beirarrúas e a carencia de iluminación de Nadal da mesma. Non hai máis que facer … Seguir lendo

Denuncia soares 14 e 16 rúa Panadeiras

A Asociación Veciñal das Atochas – Monte Alto – A Torre, a través do seguinte comunicado, quere denunciar a situación de abandono que sofren os soares 16 e 14 da rúa Panadeiras situados ao carón da Casa-Museo Casares Quiroga e que   afecta á comunidade veciñal do número 18 polas constantes humidades, insectos da madeira, ratos … Seguir lendo

Posicionamento perante o peche do túnel de María Pita

A Asociación Veciñal das Atochas – Monte Alto, a través do seguinte comunicado, quere facer público o seu posicionamento perante o anuncio do Goberno Municipal de peche do túnel de María Pita a partir do mércores 4 de xuño até o ano 2015. “Probas deportivas, como as do pasado sábado, poñen de manifesto que as … Seguir lendo

Concello da Coruña

Horarios Buses Coruña

Centro Información Xuvenil