Cultura

This category contains 69 posts

Súmate ao noso Club de Lectura!

Unha nova actividade vai comezar na nosa Biblioteca Veciñal de Monte Alto: a creación dun Club de Lectura! A verdade é que sentimos unha fonda emoción pois, dende hai tempo, desexábamos ampliar a nosa actividade para crear un maior espazo de convivencia e coñecemento mutuo. Ademáis, estará dinamizado pola nosa nova compañeira Elena, chegada dende … Seguir lendo

Campionatos de Petanca no barrio

A Agrupación de Afeccionados á Petanca vai organizar campionatos deste deporte no Xardín de Orillamar (Cemiterio San Amaro). Seguramente sexan os martes, xoves e venres entre as 17:30 e as 20:00 horas. Está aberto a todo tipo de participantes e de todas as idades. Podedes contactar no 684 11 55 79

Sábado 1 de xullo: 8 aniversario Torre Patrimonio da Humanidade

O vindeiro sábado 1 de xullo, dentro do marco da festividade con motivo do 8 aniversario da proclamación da Torre como Patrimonio da Humanidade, haberá unha serie de actos ao longo de toda a semana. A nosa entidade colaborará cun percorrido guiado polas rochas da Torre con Xurxo Souto que contará as historias que se agochan … Seguir lendo

Festa benvida á primavera nas hortas urbanas educativas de Monte Alto!

Este sábado 6 de maio ás 17:00, nas hortas urbanas educativas de Monte Alto que están no parque Carlos Casares, teremos festa de benvida á primavera! Achégate e convida á xente que queira aprender e coñecer este proxecto comunitario! E o 11 de maio, a Escola Infantil Municipal de Monte Alto fará uns contacontos na … Seguir lendo

Boletín de actividades do Centro Cívico de Monte Alto para o mes de maio

Informamos á veciñanza do Barrio que xa podedes consultar ou descargar o boletín de actividades que haberá no Centro Cívico de Monte Alto no mes de maio. Agradecemos á dirección do centro a información. Podedes consultalo e descargalo clicando aquí -> Boletín Maio MONTE ALTO

Xuntanza sobre a horta urbana educativa comunitaria.

Informamos que o mércores 11 de xaneiro, ás 20:00, na nosa Biblioteca Veciñal do Campo de Marte, haberá unha xuntanza para falar da nova horta educativa comunitaria que foi entregada á entidade veciñal por parte do Concello da Coruña. En dita reunión serán dous os puntos a tratar: Funcionamento e normas de traballo na horta. Información … Seguir lendo

O Apalpador volverá este ano aos colexios do Barrio!

A recuperación e a defensa da nosa cultura é un dos sinais da nosa entidade veciñal. Logo da boa acollida que no ano 2012 e 2015 tivo o paso do Apalpador polos colexios do Barrio, este ano, grazas á Deputación da Coruña, repetiremos a experiencia. A visita aos centros consistirá nun contacontos no que o … Seguir lendo

Publicado o programa das “Festas Monte Alto 2016”

Por fin chegou o día! Hoxe anunciamos que xa podedes ver todo o programa das “Festas Monte Alto 2016”! Dende a “Comisión de Festas” agardamos que sexa do voso agrado! Entrade na páxina especial das “Festas Monte Alto 2016”: https://festasbarriomontealto.wordpress.com/

Agradecemento da entidade á Sinfónica de Galicia

Dende a Asociación Veciñal das Atochas – Monte Alto – Torre de Hércules agradecemos á Sinfónica de Galicia que escolleran a Biblioteca Veciñal para celebrar o Día da Música o pasado martes 21 de xuño. Os nosos mellores desexos!

Actividades no Centro Cívico do Barrio para o mes de marzo.

Dende a dirección do Centro Cívico de Monte Alto fannos chegar o programa de actividades do mes de marzo por se fose do voso interese. + Enderezo: Praza dos Avós s/n (Vereda do Polvorín) + Información: 981 – 184 – 371 + Contacto: ccmontealto@coruna.es  VISITA AO AQUARIUM FINISTERRAE Nela poderase admirar o mar e as … Seguir lendo

Concello da Coruña

Horarios Buses Coruña

Centro Información Xuvenil