Xuventude

This category contains 85 posts

Sábado 1 de xullo: 8 aniversario Torre Patrimonio da Humanidade

O vindeiro sábado 1 de xullo, dentro do marco da festividade con motivo do 8 aniversario da proclamación da Torre como Patrimonio da Humanidade, haberá unha serie de actos ao longo de toda a semana. A nosa entidade colaborará cun percorrido guiado polas rochas da Torre con Xurxo Souto que contará as historias que se agochan … Seguir lendo

Cancelada a actividade para hoxe ás 17:00 na Horta Educativa da Torre.

Informamos que debido á choiva que dan para hoxe á tarde na cidade,  a actividade de contacontos na horta urbana educativa comunitaria  de Monte Alto suspéndese até novo aviso.

Festa benvida á primavera nas hortas urbanas educativas de Monte Alto!

Este sábado 6 de maio ás 17:00, nas hortas urbanas educativas de Monte Alto que están no parque Carlos Casares, teremos festa de benvida á primavera! Achégate e convida á xente que queira aprender e coñecer este proxecto comunitario! E o 11 de maio, a Escola Infantil Municipal de Monte Alto fará uns contacontos na … Seguir lendo

Boletín de actividades do Centro Cívico de Monte Alto para o mes de maio

Informamos á veciñanza do Barrio que xa podedes consultar ou descargar o boletín de actividades que haberá no Centro Cívico de Monte Alto no mes de maio. Agradecemos á dirección do centro a información. Podedes consultalo e descargalo clicando aquí -> Boletín Maio MONTE ALTO

Os nosos parabéns á Escola Infantil de Monte Alto!

Dende a directiva da nosa entidade veciñal queremos parabenizar a todo o equipo educativo, alumnado e ás nais e pais da Escola Infantil de Monte Alto polo premio que vén de recibir da DXT o seu proxecto de mobilidade segura “Paseniño, paseniño vou facendo o camiño”. Consideramos que programas como o deste centro educativo contribúen … Seguir lendo

Infórmate sobre o proxecto de Horta Educativa Comunitaria!

Se queres ter información sobre as actividades que se realizan ou que van ser realizadas na horta urbana educativa comunitaria, podes facelo no blogue que o grupo de traballo vai actualizando: https://hortaurbanamontealto.wordpress.com/ Se queres contactar co grupo de traballo tamén podes facelo no seguinte enderezo: hortaurbanamontealto@gmail.com

Xuntanza sobre a horta urbana educativa comunitaria.

Informamos que o mércores 11 de xaneiro, ás 20:00, na nosa Biblioteca Veciñal do Campo de Marte, haberá unha xuntanza para falar da nova horta educativa comunitaria que foi entregada á entidade veciñal por parte do Concello da Coruña. En dita reunión serán dous os puntos a tratar: Funcionamento e normas de traballo na horta. Información … Seguir lendo

Xuntanza sobre a horta urbana educativa comunitaria.

Informamos que mañá, ás 20:00, na nosa Biblioteca Veciñal do Campo de Marte, haberá unha xuntanza para falar da nova horta educativa comunitaria que será entregada á entidade veciñal por parte do Concello da Coruña. En dita reunión serán dous os puntos a tratar: Funcionamento de traballo na horta. Primeiros pasos a seguir.  

O Apalpador volverá este ano aos colexios do Barrio!

A recuperación e a defensa da nosa cultura é un dos sinais da nosa entidade veciñal. Logo da boa acollida que no ano 2012 e 2015 tivo o paso do Apalpador polos colexios do Barrio, este ano, grazas á Deputación da Coruña, repetiremos a experiencia. A visita aos centros consistirá nun contacontos no que o … Seguir lendo

Proxecto de robótica con fins veciñais.

Este xoves día 10 ás 20:00 na nosa Biblioteca Veciñal do Campo de Marte, teremos unha charla e posterior posta en común de ideas para un proxecto de  prototipado (robótica) que teña como finalidade mellorar algúns aspectos da vida en común do Barrio.  Dito proxecto de prototipado verá a luz a través  dun evento intensivo … Seguir lendo

Concello da Coruña

Horarios Buses Coruña

Centro Información Xuvenil