De cara ao traballlo na Horta Urbana Comunitaria de Monte Alto para o próximo ano 2020, abrimos o prazo de inscrición para 10 novas persoas, dende o próximo día 15 ata o 3o de novembro, ambos incluídos. Seguir lendo
A marcha nórdica é un xeito de camiñar apoiándose ou impulsándose con dous bastóns técnicos que permiten avanzar máis rápido, pero cansando menos as articulacións das pernas (nocellos, xeonllos, cadeiras), movendo o 90% dos músculos do corpo e fortalecendo os músculos do tronco e brazos. Pódese practicar en calquera terreo e en compañía. É un … Seguir lendo
Unha nova actividade vai comezar na nosa Biblioteca Veciñal de Monte Alto: a creación dun Club de Lectura! A verdade é que sentimos unha fonda emoción pois, dende hai tempo, desexábamos ampliar a nosa actividade para crear un maior espazo de convivencia e coñecemento mutuo. Ademáis, estará dinamizado pola nosa nova compañeira Elena, chegada dende … Seguir lendo
O vindeiro sábado 1 de xullo, dentro do marco da festividade con motivo do 8 aniversario da proclamación da Torre como Patrimonio da Humanidade, haberá unha serie de actos ao longo de toda a semana. A nosa entidade colaborará cun percorrido guiado polas rochas da Torre con Xurxo Souto que contará as historias que se agochan … Seguir lendo
Este sábado 6 de maio ás 17:00, nas hortas urbanas educativas de Monte Alto que están no parque Carlos Casares, teremos festa de benvida á primavera! Achégate e convida á xente que queira aprender e coñecer este proxecto comunitario! E o 11 de maio, a Escola Infantil Municipal de Monte Alto fará uns contacontos na … Seguir lendo
Informamos á veciñanza do Barrio que xa podedes consultar ou descargar o boletín de actividades que haberá no Centro Cívico de Monte Alto no mes de maio. Agradecemos á dirección do centro a información. Podedes consultalo e descargalo clicando aquí -> Boletín Maio MONTE ALTO
Se queres ter información sobre as actividades que se realizan ou que van ser realizadas na horta urbana educativa comunitaria, podes facelo no blogue que o grupo de traballo vai actualizando: https://hortaurbanamontealto.wordpress.com/ Se queres contactar co grupo de traballo tamén podes facelo no seguinte enderezo: hortaurbanamontealto@gmail.com
Informamos que o mércores 11 de xaneiro, ás 20:00, na nosa Biblioteca Veciñal do Campo de Marte, haberá unha xuntanza para falar da nova horta educativa comunitaria que foi entregada á entidade veciñal por parte do Concello da Coruña. En dita reunión serán dous os puntos a tratar: Funcionamento e normas de traballo na horta. Información … Seguir lendo
Informamos que mañá, ás 20:00, na nosa Biblioteca Veciñal do Campo de Marte, haberá unha xuntanza para falar da nova horta educativa comunitaria que será entregada á entidade veciñal por parte do Concello da Coruña. En dita reunión serán dous os puntos a tratar: Funcionamento de traballo na horta. Primeiros pasos a seguir.
Recordamos que mañá, mércores 21 de decembro, ás 18:30, teremos unha charla sanitaria informativa sobre o ácido úrico organizada polo Colexio Oficial de Farmacéuticos da Provincia da Coruña, na nosa Biblioteca Veciñal do Campo de Marte.