Comunicacións Directiva, Dereitos Sociais, educación, Saúde, Xuventude

Fóra as casas de apostas dos nosos barrios!


A Asociación Veciñal Atochas – Monte Alto – A Torre vén de decidir apoiar a concentración convocada para mañá, día 6 de outubro ás 17:00h na Praza de Portugal, contra a proliferación de casas e terminais de apostas nos nosos barrios.

Estes establecementos supoñen un risco para a nosa veciñanza, sobre todo para os máis novos, e entendemos que a regulación destinada a eles debera ser tanto ou máis restritiva como a que se aplica ao tabaco ou o alcohol, xa que teñen un efecto devastador na vida das persoas: adicción, endebedamento, illamento, esnaquizando familias, etc.

Por estes motivos, decidimos apoiar esta convocatoria, e colaborar na sensibilización da veciñanza sobre os perigos que supoñen estes negocios, e por iso vos convidamos a participar desta concentración así como nas sucesivas actividades que se preparan.

MANIFESTO:

Durante os últimos anos observamos un incremento das casas de apostas nos barrios e un aumento do xogo en internet, como o póker online ou as apostas deportivas. Na actualidade, o territorio galego xa conta con 160 salóns de apostas en funcionamento ou en trámite e case 4.000 terminais, entre as destes espazos e as dos bares. A publicidade convértese nunha arma que nos dispara constantemente, coa colaboración de personaxes famosas e aproveitando a celebración de eventos deportivos.

Como consecuencia, os casos de ludopatía son cada vez máis habituais; os últimos datos amosan unhas porcentaxes en preocupante crecemento, especialmente entre a mocidade. Así, arredor dun 34% dos casos aparecen xa en menores de idade e sabemos que o gasto da poboación galega nos xogos e apostas medrou un 27% nos últimos tres anos.

Estas empresas anuncian unhas posibilidades de gañar diñeiro inmediato, cando en realidade só procuran novas vítimas para o seu negocio. Mediante as estratexias publicitarias e o contexto económico actual, captan os
membros de familias traballadoras para os seus intereses. O resultado: máis débedas nestas familias, unha nova forma de escravismo e as relacións
persoais moi danadas.

Non é casualidade que estes salóns de apostas estean a medrar como cogomelos nos barrios obreiros e populares. Os empresarios son conscientes das nosas debilidades económicas e queren aproveitarse da situación desesperada que sofren traballadoras e estudantes da nosa clase. A localización destes negocios ao carón de colexios e parques infantís procura dous obxectivos: a normalización do xogo desde as idades máis temperás e a desarticulación da clase obreira como suxeito político.

Nas nosas cidades foméntase un modelo de ocio baseado no consumismo, onde as nosas vidas estean orientadas cara aos centros comerciais, ao xogo, ao consumo de drogas etc. Desde as diferentes asociacións e colectivos que apoiamos esta convocatoria, esiximos que se pechen todas as casas de apostas que invaden os nosos barrios e que se tomen medidas inmediatas para finalizar co negocio do xogo online.

Ademais, loitaremos para que as nosas cidades ofrezan unha alternativa de ocio con presenza da nosa cultura popular e unha promoción de parques, zonas verdes e instalacións deportivas.


MOBILÍZATE, APOSTA POLO TEU BARRIO!

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Deputación da Coruña

Concello da Coruña

Horarios Buses Coruña

Centro Información Xuvenil

A %d blogueros les gusta esto: