a coruña

This tag is associated with 25 posts

Carvalho, Lingua e Terra

Mañá xoves 25 de marzo, coincidindo coa data do pasamento de Ricardo Carvalho Calero, a Federación Galiza Cultura proponnos unha xornada de recordo e espallamento da súa vida e obra (cancelo: #CarvalhoLinguaETerra). Con este fin, ás 20:00h emitirase un vídeo coa Intervención de María Victoria Carballo-Calero Ramos e unha conferencia de Manuel Castelao Mexuto e … Seguir lendo

Venres 15: “Santo Amaro Pequeno”, presentación de PANGALAICA con Xurxo Souto.

Venres 15, ás 19:30h na Biblioteca do Campo de Marte, Romaría de Santo Amaro – Presentación de Pangalaica con Xurxo Souto. Necesaria inscrición previa en aa.vv.montealto@gmail.com Seguir lendo

CONCENTRACIÓN EN DEFENSA DO PORTO DA CORUÑA

Dende a Asociación Veciñal Atochas – Monte Alto – A Torre, apoiamos a concentración que terá lugar o próximo sábado 12, ás 12:30h diante da subdelegación do goberno e animamos a toda a veciñanza a participar en defensa do porto da Coruña. É obrigado o uso de máscara e o respecto da distancia de seguridade, … Seguir lendo

A horta comunitaria recolle o grande traballo deste ano.

Este ano o grupo renovado que traballa a Horta urbana comunitaria, na parcela cedida polo Concello da Coruña á Asociación Veciñal, fixo unha grande labor. Ademais de plantas aromáticas hai cabaciños, tomates e cherrys, pementos… Dá xenio ver os bancais! Pedímoslle a veciñanza que respete o esforzo realizado polas persoas que levan a horta, e … Seguir lendo

A Asociación Veciñal trata coa Alcaldía da situación da persoa sen fogar na rúa da Torre.

As persoas sen fogar representan seguramente o caso máis claro de exclusión social. Nas dificultades das persoas sen fogar a inexistencia de vivenda é a máis evidente, pero é que ademais este feito ten consecuencias directas para estas persoas á hora de garantir aspectos básicos: imposibilidade de protexerse das inclemencias do tempo, así como de … Seguir lendo

Reclamamos que se evite o peche da sucursal de Abanca en Orillamar.

A Asociación Veciñal, ante as novas de que Abanca pretende pechar a oficina de Orillamar, e ante a continua perda de servizos bancarios no barrio, reclama tanto da Administración como da propia entidade que se manteñan os servizos á veciñanza. Seguir lendo

Desfrutade dun San Xoán seguro!

Este ano a situación creada polo COVID-19 vai provocar que a forma de celebrar o San Xoán sexa diferente a como se viña facendo nos últimos tempos. En certa maneira é unha volta ao que se fixo tradicionalmente no barrio, con grupos de familias e amizades dispersos polas rúas, só que sen cacharelas, porque haberá … Seguir lendo

Recuperamos o préstamo de libros na Biblioteca Veciñal

Debido as novas medidas de desescalada do confinamento, a partir de mañá martes 12 de maio, a Biblioteca Veciñal, no Campo de Marte, atenderá a porta pechada para préstamo e devolución de libros, en horario de 10 a 12 horas. Non se abre ao público, nin para lectura ou uso de ordenadores, senón exclusivamente para … Seguir lendo

Somos finalistas na Gala do Libro Galego 2020 !

A Asociación Veciñal Atochas – Monte Alto – A Torre nomeada finalista na Gala do Libro Galego 2020 na modalidade Iniciativa Cultural ou de Fomento da Lectura. Seguir lendo

Presentación do libro “As Fauces Feroces” de Enma Pedreira

O xoves 13 de febreiro, ás 19:30h na Biblioteca Veciñal do Campo de Marte, presentación de Enma Pedreira: As Fauces Feroces, acompañada de Laura Rey Pasandín e Mercedes Leobalde. Non o perdades! Seguir lendo

Deputación da Coruña

Concello da Coruña

Horarios Buses Coruña

Centro Información Xuvenil