A Horta urbana educativa comunitaria xestionada pola A. V. Atochas – Monte Alto – A Torre e a Escola Municipal de Monte Alto, está situada no Parque Carlos Casares a carón do cárcere, xunto con outras xestionadas por outras entidades do barrio.
Como se pode observar nestas imaxes, a infraestrutura creada para o uso destas instalacións cedidas polo Concello, está moi deteriorada, está a caer.
Debemos lembrar que as hortas están moi próximas a un espazo infantil, cos conseguintes riscos de seguridade para nenas e nenos, e tamén é un lugar onde acostuman pasear cans soltos, cos conseguintes riscos non só para eles, senón para as propias hortas, nas que as diferentes entidades invisten cartos, tempo e traballo.
Por estes motivos, vimos de solicitar ao Concello que poña remedio a esta situación. Se queredes saber máis sobre o proxecto de Horta Comunitaria, podedes consultar na web: https://hortaurbanamontealto.wordpress.com/historia-proxecto/
Conversa
Aínda non hai comentarios.