Dereitos Sociais, Ecoloxía, Saúde, Urbanismo, Xuventude

Proxecto da entidade para o Cuartel da Policía Local


Recibidas quin /

Na mañá de hoxe, a nosa entidade veciñal, vén de presentar perante os diferentes grupos políticos da oposición e no rexistro municipal a proposta de futuro para o actual edificio do Cuartel da Policía Local situado en Orillamar.

PROPOSTA VECIÑAL PARA O CUARTEL DA POLICÍA LOCAL

(ASOCIACIÓN VECIÑAL DAS ATOCHAS – MONTE ALTO – A TORRE)

INTRODUCIÓN

O pasado 17 de xaneiro do 2014 o alcalde da Coruña, Carlos Negreira Souto, anunciaba a través dos medios de comunicación do traslado do actual cuartel da Policía Local ao edificio de Sanidade situado na rúa Gregorio Hernández. Dende ese preciso momento, a nosa entidade veciñal manifestou a necesidade para os barrios das Atochas – Monte Alto dun centro de especialidades sanitarias e sociais.

Logo de consultar con especialistas e recoller as súas impresións, a asociación veciñal quere achegar a súa proposta de usos. Consideramos que a cidade e os nosos barrios precisan concentrar nun centro todos os servizos co fin de facilitar ás veciñas e veciños o achegamento aos mesmos.

PROPOSTA DA ENTIDADE

· POLICÍA LOCAL: Se consideramos que a proposta do traslado do cuartel é precisa, tamén pensamos que o Concello da Coruña debería conservar unha pequena dotación co fin de dar servizo á zona das Atochas – Monte Alto. Dita dotación podería contar con dúas ou tres patrullas e unha oficina de denuncias.

· ATENCIÓN AO MALTRATO: Para a nosa entidade é primordial ofrecer unha atención eficaz e rápida á hora de combater o maltrato. Por iso consideramos que o edificio debería contar cun ponto de atención onde se puideran atender todas as denuncias e ofrecer ás vítimas o necesario para a súa proteción e emancipación.

· CENTRO DE INFORMACIÓN Á MULLER: Que ofreza unha intervención global dirixida á mulleres: información, atención, asesoramento en políticas de igualdade e de formento da participación e orientación profesional e laboral.

· CENTRO QUÉROTE: A recuperación do Centro Quérote para o barrio das Atochas – Monte Alto que estaba situado na rúa Panadeiras e que o Concello decidiu levar á Praza de Ourense.

· CENTRO DE SAÚDE MENTAL: Do mesmo xeito queremos recuperar o Centro de Saúde Mental que o Concello decidiu retirar e que agora non cumple cos requisitos esixidos para estar en funcionamento: carece de sala de espera e as/os usuarias/os deben sentarse nas escaleiras, carece de conexión a Internet.

Foto cuartel 092

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Concello da Coruña

Horarios Buses Coruña

Centro Información Xuvenil

%d bloggers like this: