Dereitos Sociais, Ecoloxía, Migración, Saúde, Xuventude

Ampliación do Centro de Orientación Familiar


A Asociación Veciñal das Atochas – Monte Recibidas quin /Alto – A Torre, a través do seguinte comunicado, quere facer público o seu posicionamento perante o anuncio do Concello da Coruña do traslado da Policía Local na rúa Orillamar ás antigas dependencias da xefatura territorial de Sanidade na rúa Gregorio Hernández.

En primeiro lugar, denunciar que o Goberno Municipal de Carlos Negreira, en ningún momento informou á nosa entidade ou á veciñanza en xeral sobre este asunto, sendo coñecedores do mesmo a través dos medios de comunicación.Un feito que vén a demostrar novamente o xeito que ten o actual alcalde de gobernar: a golpe de titular e sen consensuar coas veciñas e veciños actuacións que afectan ao seu día a día.

En segundo lugar, informamos de que a vindeira semana rexistraremos a proposta para o traslado do Centro de Orientación Familiar ás actuais dependencias do 092. Do mesmo xeito, solicitaremos a mellora das súas instalacións, a ampliación do cadro de persoal así coma unha ampliación nos servizos que está a prestar actualmente.

Consideramos que, tratándose a sanidade dun servizo básico, gratuito e universal, as intitucións públicas teñen o deber moral de defendela e traballar para que esta sexa o mellor posíbel, ofrecendo e dotando de recursos e persoal para atender a demanda das persoas que así o precisen.

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Concello da Coruña

Horarios Buses Coruña

Centro Información Xuvenil

%d bloggers like this: