Comunicacións Directiva

Presentación do libro “As Fauces Feroces” de Enma Pedreira


O próximo xoves día 13 de febreiro, ás 19:30h na Biblioteca Veciñal do Campo de Marte, terá lugar a presentación da última obra da nosa veciña Enma Pedreira: As Fauces Feroces, acompañada das autoras Laura Rey Pasandín e Mercedes Leobalde. Non o perdades!

Sinopse:

Todo é cuestión de posicións. E de preposicións. Ela escribe contra a súa nai, entre a culpa e a vitimización e Elsa faino sobre a súa relación con alguén que pasou fugaz mais deixou ruínas ao seu paso. Benedetta próstrase ante Bartolomea e esta acouga canda o corpo da monxa compañeira.  A través dos séculos que as afastan, as catro mulleres –e unhas quinta e sexta que se intúen–, compoñen un tapiz reflexivo sobre a maternidade, a sexualidade, a diversidade nos afectos e o libre albedrío. Unha composición feroz e íntima, desde o interior de catro mulleres que falan entre elas e sobre elas como o farían consigo mesmas, para procurarse. 

Entre a ficción e a realidade histórica, As fauces feroces enlaza unha reflexión actual sobre a relación nai-filla co histórico proceso á monxa italiana Benedetta Carlini durante a Contrarreforma.

+Info: Baia Edicións

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Deputación da Coruña

Concello da Coruña

Horarios Buses Coruña

Centro Información Xuvenil

A %d blogueros les gusta esto: