veciñal

This tag is associated with 20 posts

Venres 15: “Santo Amaro Pequeno”, presentación de PANGALAICA con Xurxo Souto.

Venres 15, ás 19:30h na Biblioteca do Campo de Marte, Romaría de Santo Amaro – Presentación de Pangalaica con Xurxo Souto. Necesaria inscrición previa en aa.vv.montealto@gmail.com Seguir lendo

A Asociación Veciñal trata coa Alcaldía da situación da persoa sen fogar na rúa da Torre.

As persoas sen fogar representan seguramente o caso máis claro de exclusión social. Nas dificultades das persoas sen fogar a inexistencia de vivenda é a máis evidente, pero é que ademais este feito ten consecuencias directas para estas persoas á hora de garantir aspectos básicos: imposibilidade de protexerse das inclemencias do tempo, así como de … Seguir lendo

Recuperamos o préstamo de libros na Biblioteca Veciñal

Debido as novas medidas de desescalada do confinamento, a partir de mañá martes 12 de maio, a Biblioteca Veciñal, no Campo de Marte, atenderá a porta pechada para préstamo e devolución de libros, en horario de 10 a 12 horas. Non se abre ao público, nin para lectura ou uso de ordenadores, senón exclusivamente para … Seguir lendo

Presentación do libro “As Fauces Feroces” de Enma Pedreira

O xoves 13 de febreiro, ás 19:30h na Biblioteca Veciñal do Campo de Marte, presentación de Enma Pedreira: As Fauces Feroces, acompañada de Laura Rey Pasandín e Mercedes Leobalde. Non o perdades! Seguir lendo

O Apalpador chega á Coruña!!

Nenas e nenos da Nosa Terra:   Anunciamos que o Apalpador vén de camiño á cidade da Coruña e chegará o Sábado 15 ás 17:00 horas ao colexio Curros Enríquez. Contará as historias que lle aconteceron camiño ao noso barrio e vos ensinará a fermosa música do grupo Pirilampo. Sábado 15- Recebemento do Apalpador. CEIP … Seguir lendo

Melloras para o Barrio, Boicot para a Asociación

A Coruña, 11 Outubro 2012.- A loita social emprendida pola Asociación de Veciñas e Veciños das Atochas – Monte Alto – Torre de Hércules consegue que o Goberno Municipal, pese ao boicot ao que está a someter á nosa entidade, emprenda as obras de mellora demandadas pola veciñanza. Polo que puidemos comprobar estes días, o … Seguir lendo

E.I.M. Luís Seoane: Compromiso por escrito do Concello

Hai uns meses, logo de poñerse en contacto a ANPA da Escola Infantil Municipal Luis Seoane, solicitamos por escrito ao Concello da Coruña os prazos para a construcción dunha cuberta para os carriños. Hoxe recibimos dita contestación que poñemos en coñecemento de todas e todos vós. Grazas por loitar ao noso carón!

Queres colaborar coas festas? Fai unha pequena doazón.

Caixa de Resistencia Veciñal Veciña, veciño!! Como ben sabes, por diferenzas co Goberno Municipal, o custo total das festas vai ser cuberto pola nosa entidade veciñal sendo iste moi elevado. Por ese motivo, e sendo conscientes da crise social e económica que estamos a padecer as traballadoras e traballadores, instalaremos pequenas Caixas de Resistencia Veciñal … Seguir lendo

Especial Festas Atochas – Monte Alto!!

NON HAI FESTA COMO ESTA!! Benvidas e benvidos á páxina oficial das “Festas Atochas – Monte Alto 2012”!! Como ben sabedes, cada ano, a segunda fin de semana de Setembro, celebramos as festas dos barrios máis emblemáticos da cidade da Coruña. Este 2012, por problemas co Concello da Coruña, o programa de festas viuse alterado … Seguir lendo

Haberá Festas Atochas – Monte Alto 2012

A CORUÑA, 30 AGOSTO 2012.- A Asociación de Veciñas e Veciños das Atochas – Monte Alto – Torre de Hércules, a través do seguinte comunicado, quere facer pública a súa resposta ante as mentiras ás que se aferran tanto a Concellaría de Cultura como o Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE). En primeiro lugar dicir que, … Seguir lendo

Deputación da Coruña

Concello da Coruña

Horarios Buses Coruña

Centro Información Xuvenil