
O próximo mércores 15 de xaneiro é o día de Santo Amaro, por iso celebramos nesta data un acto ás 19: 30h na Biblioteca Veciñal do Campo de Marte, na compaña da historiadora Carmela Galego e de Xurxo Souto.
Para reivindicar a lenda do santo navegante armamos a Romaría do SANTO AMARO pequeno, onde coñeceremos a historia dun Santo moi presente no noso barrio, que bautiza, alén dun cemiterio, á praia coa auga máis fría de toda a Coruña.
Na casa da veciñanza, no medio do barrio onde se ergueu até hai pouco unha capela e un castelo que levaban o seu nome, recuperamos un relato que nos retrotrae a referentes moi antigos e que volve a situar o noso barrio como referente maior nos grandes mitos do mar e da fin do mundo: Amaro, o Santo Navegante que atopou a Illa do Paraíso.
Imaxes da Capela de Santo Amaro Recuperadas por Carmela Galego
Conversa
Aínda non hai comentarios.