Comercio, Ecoloxía, Urbanismo

A Policía Local ocupa San Vicente de Paul


San Vicente de PaulA Asociación Veciñal das Atochas – Monte Alto, a través do seguinte comunicado, quere facer público o seu posicionamento perante as denuncias das veciñas e veciños da rúa San Vicente de Paul polo espazo reservado para o aparcamento da Policía Local.

En primeiro lugar, a nosa entidade quere expoñer que, por parte do Goberno Municipal, non houbo comunicación previa deste feito e que, o seu xeito de traballar no noso barrio, repítese unha vez máis: ocultación do plan e execución do mesmo. Como levamos denunciado ao longo destes anos, non concibe o alcalde Carlos Negreira a participación veciñal dentro do seu programa de goberno. Pola contra, a execución de obras ou a modificación de elementos faise con nocturnidade e aleivosía co fin de non atopar dificultades á hora de sacar adiante os seus plans precociñados.

En segundo lugar, manifestar o noso firme rexeitamento á ocupación de máis espazo público por parte da Policía Local cando levamos tempo denunciando as dificultades das nosas veciñas e veciños para aparcar os seus vehículos pola falta de prazas de garaxe ou polo elevado custo económico das mesmas.

Como levamos denunciado ao longo destes anos, non concibe o alcalde Carlos Negreira a participación veciñal dentro do seu programa de goberno.

En terceiro lugar, esiximos ao Goberno Municipal que aclare os motivos que levan a tomar dita decisión cando hai un ano sinalaron o traslado do cuartel a outra zona da cidade polos problemas que supón tanto para a Policía como para a veciñanza a falta de aparcamento para os vehículos do cuartel. Ten o Concello da Coruña un plan de futuro ou móvese na improvisación?

Dende a nosa entidade veciñal apoiaremos ás veciñas e veciños que se vexan afectados pola nova situación de dita rúa e poñémonos ao seu dispor para o que precisen.

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar un comentario

Categorías

Horarios Buses Coruña

Centro Información Xuvenil

Somos entidade colaboradora co Servicio Voluntario Europeo