Comunicacións Directiva

Grazas e feliz 2015!


A Asociación Veciñal Atochas – Monte Alto quere agradecervos ás veciñas e veciños do Barrio todo o apoio e toda a colaboración que prestáchedes á nosa entidade este ano 2014.

Do mesmo xeito, queremos resaltar o orgullo que é para todas e todos nós o feito de seguir representando dende 1977 a unhas veciñas e veciños que son a demostración viva do traballo, a forza da solidariedade e a vontade de querer mudar a nosa sociedade a través da loita a pé de rúa polos dereitos colectivos.

Resaltamos ás 850 persoas asociadas que día a día confían no traballo da actual directiva e que apostan activamente pola folla de ruta marcada hai dous anos cando o Concello da Coruña declarou a guerra contra as Atochas – Monte Alto.

Dende a directiva queremos trasladar o noso agradecemento a todas e todos vós. Nunca, xamais, esqueceremos o que estades a facer nestes duros momentos.

DESEXÁMOSVOS UN 2015 CHEO DE SAÚDE E SOLIDARIEDADE!

O FUTURO É AGORA!

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Concello da Coruña

Horarios Buses Coruña

Centro Información Xuvenil

%d bloggers like this: