Comunicacións Directiva, Urbanismo

Contestación da nosa entidade ao alcalde Carlos Negreira


San Vicente de PaulA Asociación Veciñal das Atochas – Monte Alto, a través do seguinte comunicado, quere facer pública a súa resposta ás declaracións feitas no día de onte polo alcalde Carlos Negreira xustificando a ocupación, por parte da Policía Local, de catorce prazas de aparcamento na rúa San Vicente de Paul ás veciñas e veciños do noso barrio.

A nosa entidade considera que as declaracións do rexidor non son máis que unha escusa co fin de evitar as protestas veciñais perante o que se pode calificar dun roubo de espazo público por parte do Concello da Coruña. Feito que afectará ás persoas que cada día viven na zona e que vén reducidos uns aparcamentos xa de por si escasos.

Do mesmo xeito queremos sinalar que, no que vai de lexislatura, os barrios das Atochas – Monte Alto tiveron que escoitar en máis dunha ocasión a frase “en beneficio de toda la ciudad” cando o beneficio real non era máis que dunha parte da cidade: corte do túnel de María Pita, obras da Mariña, retencións a horas puntas nas entradas e saídas do barrio…

Por todo isto, esiximos ao Concello da Coruña que devolva ás veciñas e veciños as prazas de aparcamento usurpadas e que aclare o futuro do Cuartel do 092.

– Máis Información: “A Policía Local ocupa San Vicente de Paul”

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Concello da Coruña

Horarios Buses Coruña

Centro Información Xuvenil

%d bloggers like this: