Comunicacións Directiva, Urbanismo, Xuventude

Que foi das melloras solicitadas na pista de San Xosé?


No mes de maio deste ano, a Asociación Veciñal Atochas – Monte Alto – A Torre solicitou ao Concello que se tomasen as medidas pertinentes para que a entidade responsable da pista de San Xosé, situada entre dous centros de primaria, o manteña nas debidas condicións de conservación, poñendo no seu coñecemento o grave estado de abandono e os problemas de seguridade que ocasionaba o mal estado deste espazo.

Tras recibir resposta da Administración Municipal de que se programaban diversos traballos, reparamos no resultado dos mesmos:

 

Observamos que a pista segue estando no mesmo estado de abandono. Aínda que se reparou a reixa de desagüe, que supuña un risco para a seguridade, e nalgún dos valos do cerrado reforzouse a estrutura cunha rede interior unida con cinchas, entendemos que isto non soluciona o lamentable estado dunha área con un neglixente mantemento e que podería ser aproveitada e utilizada polas nenas e nenos desta zona do barrio.

Insistiremos en que é posible outra solución para recuperar este espazo para a veciñanza.

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Deputación da Coruña

Concello da Coruña

Horarios Buses Coruña

Centro Información Xuvenil

A %d blogueros les gusta esto: