Comunicacións Directiva, Dereitos Sociais, Saúde

35 Aniversario do Centro Municipal de Planeamento Familiar de Orillamar


COF35

 

Este ano o Centro de Planeamento Familiar Municipal de Orillamar cumpre 35 anos. Para celebrar e visibilizar o traballo tan destacable que vén realizando dende 1983, atendendo as nosas necesidades de saúde sexual e defendendo os dereitos sexuais e reprodutivos, realizaranse durante os meses de setembro e outubro diversas actividades relacionadas coa educación afectivo-sexual, en diversos puntos da cidade.

Podes consultar todo o programa picando aquí

Por outra banda, tamén hai que salientar a importancia da posta en marcha a partir de outubro do novo programa TARDE XOVE. Son obradoiros sobre saúde afectivo-sexual para mozas e mozos a partir de 14 anos, que se celebrarán os mércores e xoves de 17 a 20 horas no Centro de Planeamento Familiar. A inscrición para participar hai que facela na web: www.coruna.gal/planificacionfamiliar

É un orgullo para o barrio contar con este equipo de profesionais entre a nosa veciñanza, que levan adiante un importante labor, non só no ámbito sanitario senón tamén no social, e ao que desexamos moitos anos máis de traballo e éxitos.

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Deputación da Coruña

Concello da Coruña

Horarios Buses Coruña

Centro Información Xuvenil

A %d blogueros les gusta esto: