Comunicacións Directiva, Urbanismo

DEFENSA DO COMÚN CONVOCA UNHA CONCENTRACIÓN O SÁBADO CONTRA A POXA DE DEFENSA DO SOLAR DE ADELAIDA MURO


A asemblea de Defensa do Común, da que participou a Asociación Veciñal Atochas – Monte Alto – A Torre, acordou a convocatoria dunha concentración ás 12,30 horas do sábado 20 de outubro, diante do número 24 da rúa Adelaida Muro.

Con este acto quere manifestar o seu rexeitamento á anunciada poxa polo Ministerio de Defensa –cun prezo de licitación de 1.173.994 euros– dunha parcela de 373 metros cadrados nesa rúa que ten uso residencial e unha edificabilidade de 1.155 metros cadrados.

Sen título2

Parcela afectada, sita no nº 24 da rúa Adelaida Muro

Xa é hora de que o Ministerio de Defensa deixe de actuar na Coruña como unha inmobiliaria adicada á especulación e venda de terreos e edificios públicos. Pedimos a Defensa a devolución gratuíta do solar de Adelaida Muro ao patrimonio da Coruña para equipamento público e servizos sociais.

A asemblea acordou tamén presentar a todos os grupos municipais unha proposta de moción para o próximo pleno municipal, instando a Defensa á devolución gratuíta da parcela de Adelaida Muro, o mesmo que as parcelas do Campo da Estrada – Maestranza.

Consideramos que o goberno municipal debe executar os acordos tomados polo pleno municipal o 11 de abril de 2016, a iniciativa de Defensa do Común, e novamente no pleno de 11 de xuño de 2018, que deixan moi claro o mandato que ten o goberno municipal: esixir a Defensa a devolución gratuíta, e non emprender iniciativas para que continúe facendo negocio e ingresando millóns de euros a conta do patrimonio público. Non se poden repetir experiencias anteriores e converter as negociacións con Defensa nunha “Segunda edición do Convenio de 1984”. Lembramos que isto foi o que aprobou o pleno municipal sobre as parcelas do Campo da Estrada, recollendo un acordo aprobado na Comisión de Defensa do Congreso na súa sesión de 27 de xuño de 2017:

Instar al Gobierno a establecer una negociación entre el Ministerio de Defensa y el Ayuntamiento de A Coruña para estudiar el traspaso, al Ayuntamiento de A Coruña, de las parcelas, facilitando así desde el Ministerio de Defensa la devolución gratuíta al Ayuntamiento de A Coruña de los terrenos y parcelas referidas –sitas en Campo da Estrada-, para su uso público, ya que son espacios comunales, bienes propios, pertenecientes a la ciudad desde su fundación”

Por todo isto, animamos á toda a veciñanza a participar das diversas accións que se leven a cabo, para esixir a todas as Administracións implicadas o cumprimento do acordado, que non é outra cousa que a devolución gratuíta para o seu uso público dos terreos mencionados.

Sen título

Estado actual da fachada da finca.

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Deputación da Coruña

Concello da Coruña

Horarios Buses Coruña

Centro Información Xuvenil

A %d blogueros les gusta esto: