Comercio, Comunicacións Directiva, Mobilidade, Urbanismo

O Concello ignora as propostas recollidas no Plan de Mellora e Dinamización Comercial na Rúa da Torre


Un mes despois de ter entregado o Plan de Mellora e Dinamización Comercial na Rúa da Torre, seguimos sen recibir resposta a ningunha das propostas nel recollidas e elaboradas polos propios comerciantes da zona; as obras continúan sen que saibamos se na súa realización se están a ter en conta estas suxestións.

Ademáis, pese a que a veciñanza foi informada nunha xuntanza convocada polo propio Concello, de que as obras comezarían o 9 de maio e que non se cortaría o tráfico durante o curso escolar, a realidade foi outra e non se deu ningunha explicación pública que sostivese estas mudanzas.

Por outra banda, nese encontro aberto realizado no Centro Cívico de Monte Alto o mércores 28 de marzo, o DdpXpf1VMAAP2E0Concelleiro de Mobilidade recibiu o aviso de veciños de Zalaeta, de que o xiro da rúa Zalaeta á rúa Hospital previsto na modificación do percorrido dos autobuses polo corte da rúa da Torre, non estaba permitido e que suporía cambiar o control semafórico e aclarar ben a sinalización. Tampouco se atendeu a estas advertencias, xa que na actualidade non está especificado se ese xiro se permite só a autobuses, ou a calquera vehículo. Cabe lembrar que neste cruce ten habido no pasado accidentes e problemas de circulación, polos múltiples xiros e incorporacións que permite, e que esperamos non se repitan por unha neglixente sinalización.

 

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Deputación da Coruña

Concello da Coruña

Horarios Buses Coruña

Centro Información Xuvenil

A %d blogueros les gusta esto: