montealto

This tag is associated with 21 posts

A Asociación colabora coa EIM de Monte Alto no proxecto de horta solidaria das Escolinhas de Tete en Moçambique.

A Escola Infantil Municipal de Monte Alto, organiza un Mercadillo solidario de plantas en favor das Escolinhas de Tete en Mozambique. Dende a Asociación Veciñal colaboramos co proxecto, recollendo doazóns de plantas e macetas para a súa posterior venda. Seguir lendo

Presentación do último traballo de Xurxo Souto na Biblioteca Veciñal

O próximo mércores 14 de novembro ás 20:00h, contaremos coa presenza de Xurxo Souto na Biblioteca Veciñal (no Campo de Marte, a carón do CEIP Curros Enríquez) Seguir lendo

O Concello ignora as propostas recollidas no Plan de Mellora e Dinamización Comercial na Rúa da Torre

A Asociación Veciñal, segue sen recibir resposta algunha do Concello ás propostas realizadas polos comerciantes da rúa da Torre, e segue avanzando nas obras incumprindo os prazos e condicións que comunicou á veciñanza.
Seguir lendo

Solicitamos ao Concello que tome medidas respecto do estado de abandono da Pista de San Xosé

Ante o estado de abandono da pista de San Xosé, solicitamos ao Concello que tome as medidas necesarias para que se manteña en condicións. Seguir lendo

Logo de falar con case unha trintena de comercios, a A.V. Atochas – Monte Alto solicita a implementación dun Plan de Mellora e Dinamización Comercial na Rúa da Torre.

A Asociación Veciñal, recollendo as suxestións dos comerciantes e hostaleiros afectados, solicita a implementación dunha serie de medidas que supoñan unha verdadeira mellora e revitalización desta área comercial. Seguir lendo

Novidades sobre os traballos na rúa da Torre e Zalaeta.

Onte tivo lugar o encontro aberto á veciñanza cos concelleiros de Rexeneración Urbana e Mobilidade, Xiao Varela e Daniel Díaz Grandío, para informar sobre os traballos de mellora na rúa da Torre, que comezarán o mes de maio e durarán finalmente arredor de catro meses. Como novidades ao que xa nos informaran na xuntanza previa … Seguir lendo

Xuntanza informativa sobre o proxecto de mellora da rúa da Torre

En resposta ao compromiso adquirido coa Asociación Veciñal de reunirse e informar aos comercios e veciños afectados polas obras, o Concello convoca unha xuntanza informativa o vindeiro mércores 28 de marzo ás 19,30 h no Centro Cívico de Monte Alto, na que se ofrecerá información  sobre o proxecto de mellora da rúa da Torre, e … Seguir lendo

Únete á nosa nova canle de Telegram

Vimos de crear unha conta de Telegram, que queremos converter nunha canle aberta e directa de comunicación coa veciñanza. Para participardes, só tedes que descargar a aplicación aquí: https://telegram.org/ ou no PlayStore. A continuación, podedes acceder directamente no seguinte enderezo: http://t.me/AVMontealto Agardámosvos!

O Apalpador chega á Coruña!!

Nenas e nenos da Nosa Terra:   Anunciamos que o Apalpador vén de camiño á cidade da Coruña e chegará o Sábado 15 ás 17:00 horas ao colexio Curros Enríquez. Contará as historias que lle aconteceron camiño ao noso barrio e vos ensinará a fermosa música do grupo Pirilampo. Sábado 15- Recebemento do Apalpador. CEIP … Seguir lendo

Melloras para o Barrio, Boicot para a Asociación

A Coruña, 11 Outubro 2012.- A loita social emprendida pola Asociación de Veciñas e Veciños das Atochas – Monte Alto – Torre de Hércules consegue que o Goberno Municipal, pese ao boicot ao que está a someter á nosa entidade, emprenda as obras de mellora demandadas pola veciñanza. Polo que puidemos comprobar estes días, o … Seguir lendo

Deputación da Coruña

Concello da Coruña

Horarios Buses Coruña

Centro Información Xuvenil