Comunicacións Directiva, Mobilidade, Urbanismo

Solicitamos ao Concello actuacións na rúa San Lourenzo e Marola


O pasado día 18 deste mes de xuño, presentamos solicitude ao Concello para que inicie a segunda fase dos traballos na rúa Marola, dado que xa no mes de marzo a Concellaría de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda nos informara de que o inicio das obras era inminente.

Por outra banda, tamén demandamos actuacións na rúa San Lourenzo situada na contorna da rúa da Torre. Esta rúa non dispón de espazo habilitado para o tránsito peonil de ningún tipo e esta situación, combinada co aparcamento nunha das marxes da rúa, provoca que as persoas se vexan obrigadas a camiñar polo medio da calzada. Por este motivo, solicitamos que se adopte polo menos unha solución como a empregada na cercana rúa Marconi, na que se optou polo pintado nunha das marxes da vía.

IMG_20180613_193643.jpg

Vista do estado actual da rúa San Lourenzo

 

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Deputación da Coruña

Concello da Coruña

Horarios Buses Coruña

Centro Información Xuvenil

A %d blogueros les gusta esto: