Comunicacións Directiva, Mobilidade, Saúde

Xuntanza entre o concelleiro de Mobilidade Sostíbel e a Entidade Veciñal


Membros da nosa entidade falan coa xente do autobús 17.

Membros da nosa entidade falan coa xente do bus 17.

A Asociación Veciñal das Atochas – Monte Alto – A Torre, a través do seguinte comunicado, quere informar da reunión mantida hoxe co concelleiro de Mobilidade Sostíbel, Daniel Díaz Grandío, onde a entidade trasladou a necesidade de ampliación de traxecto da liña 17 ao Materno Infantil – Oncolóxico e o aumento da frecuencia (actualmente de 30 minutos pola semana e 1 hora a fin de semana).

Na xuntanza, que tivo lugar na propia concellaría situada na estación de autobuses, os representantes veciñais insistiron na necesidade urxente de dita mellora no menor tempo posíbel e do apoio social que tiña a demanda, que acadou as 1.111 sinaturas nun curto período de tres semanas que durou a campaña.

Pola súa banda, o concelleiro informou do traballo que están a realizar dende o departamento na modificación de liñas e que se presentará nos vindeiros meses, onde está contemplada a nosa demanda. A nosa entidade solicitou participar no proceso de elaboración do novo trazado.

Os representantes veciñais solicitaron que, mentres a concellaría non presente o novo formato de liñas, modifique, igualmente, o traxecto do bus 17 e que faga parada tanto na gasolineira situada baixo a pasarela e na parada situada xusto diante do Materno Infantil – Oncolóxico.

O concelleiro, pola súa banda, comprometeuse a mirar o tema nos vindeiros días e a dar unha resposta. A entidade agardará até final de mes para saber a contestación do Goberno Municipal.

Advertisements

Conversa

One thought on “Xuntanza entre o concelleiro de Mobilidade Sostíbel e a Entidade Veciñal

  1. Hola
    Personade pero levo anos fora.
    etou buscando a ua rapaza de esa zona que coñecin nos 80.
    Chusiña se chamaba e tiña duas hermas Mila e Gigi.
    Era restauradora.
    traballaba co seu pai
    aqui deixo o email e un millon de gracias.

    Posted by Andres meirama | Febreiro 18, 2016, 9:29 pm

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Concello da Coruña

Horarios Buses Coruña

Centro Información Xuvenil

%d bloggers like this: