Despois de moitos anos reivindicando e realizando accións, conseguimos a ampliación da liña 17 ao Materno Infantil. Seguir lendo
O pasado día 18 deste mes de xuño, presentamos solicitude ao Concello para que inicie a segunda fase dos traballos na rúa Marola, dado que xa no mes de marzo a Concellaría de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda nos informara de que o inicio das obras era inminente. Por outra banda, tamén demandamos actuacións … Seguir lendo
A Asociación Veciñal, segue sen recibir resposta algunha do Concello ás propostas realizadas polos comerciantes da rúa da Torre, e segue avanzando nas obras incumprindo os prazos e condicións que comunicou á veciñanza.
Seguir lendo
A Asociación Veciñal, recollendo as suxestións dos comerciantes e hostaleiros afectados, solicita a implementación dunha serie de medidas que supoñan unha verdadeira mellora e revitalización desta área comercial. Seguir lendo
Hoxe celebrouse unha xuntanza entre diversos membros do Goberno Local e Asociacións Veciñais no Concello, co obxectivo de nos informar de diversos procesos en marcha, como o adicado á recuperación das áreas portuarias, “Tecendo o Litoral”, o desenvolvemento dos Orzamentos Participativos para o próximo exercicio, e tamén da elaboración do novo Plan de Mobilidade. O … Seguir lendo
O pasado venres, 23 de marzo, tivo lugar un encontro entre o concelleiro de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda, Xiao Varela, e representantes da Asociación Veciñal de Montealto, para facilitarnos información sobre os traballos que se van a realizar na rúa da Torre. Adiantamos por aquí o comentado, de cara a próxima xuntanza do mércores 28. Seguir lendo
En resposta ao compromiso adquirido coa Asociación Veciñal de reunirse e informar aos comercios e veciños afectados polas obras, o Concello convoca unha xuntanza informativa o vindeiro mércores 28 de marzo ás 19,30 h no Centro Cívico de Monte Alto, na que se ofrecerá información sobre o proxecto de mellora da rúa da Torre, e … Seguir lendo
Onte á tarde as asociacións veciñais de Urbanización Breogán, Ventorrillo, Novo Mesoiro, Os Rosales, Feáns – O Freixo, Monelos – Fonte das Pajaritas, Loureiro de S.Pedro de Visma, Valle Sur (Culleredo), Rexumeiros de Elviña, As Revoltas – A Zapateira e Atochas – Monte Alto, xunto co Grupo de Accesibilidade da Coruña (GAC), reunímonos coa finalidade … Seguir lendo
Onte á tarde reunímonos as asociacións veciñais de Urb.Breogán, Agra do Orzán, Ventorrillo, Novo Mesoiro, Oza-Gaiteira-Os Castros, As Atochas – Monte Alto – Torre de Hércules, Los Rosales, Feáns, Loureiro de Visma, Morás (Concello de Arteixo), Valle Sur (Culleredo) entre outras, para expoñer as deficiencias existentes tanto no transporte urbano como no transporte Metropolitano e … Seguir lendo
A Asociación Veciñal das Atochas – Monte Alto – Torre de Hércules, a través do seguinte comunicado, quere facer público o seu posicionamento perante a petición de COPASA á Policía Local da Coruña de que intensifique o número de multas na contorna do Materno Infantil – Oncolóxico coa finalidade de aumentar as súas ganancias. Como … Seguir lendo