Comercio, Cultura, Dereitos Sociais, Ecoloxía, Migración, Mobilidade, Saúde, Terceira Idade, Urbanismo, Xuventude

Comeza o proceso participativo: “Monte Alto 2.0. Construir un novo barrio, decidir colectivamente.”


MonteAlto2.0A Asociación Veciñal das Atochas – Monte Alto, a través do seguinte comunicado, informa que, a finais do mes de febreiro, lanzará unha nova iniciativa de participación baixo o nome de “Monte Alto 2.0. Construir un novo barrio, decidir colectivamente”.

Dito proceso, que será aberto a todas as persoas e colectivos do barrio, procurará ser un espazo de encontro, debate e decisión sobre as obras que se proxecten para o mesmo dende o Goberno Municipal, así como das necesidades que, a día de hoxe, están sen cubrir ou sofren algún tipo de deficiencias.

Para facilitar o funcionamento dos espazos de debate e a concreción nos temas ou problemas a tratar, existirán foros específicos que se distribuirán por temáticas (saúde, mobilidade, rúas, iluminación…), zonas (Atochas, Monte Alto, Zalaeta, Lagoas…) ou espazos (Mercado, Pista San Xosé…).

Do mesmo xeito, dito proceso terá, como un dos seus fundamentos base, que tanto o Goberno Municipal como os partidos políticos representados en María Pita, tomen en consideración as decisións e opinións adoptadas e achegadas ao longo dun proceso que nace coa finalidade de asentarse no Barrio.

A primeira das xuntanzas terá lugar a finais deste mes e, a diferencia doutras, procuraremos que se celebre no Centro Cívico de Monte Alto. Tamén adiantamos que o primeiro tema que trataremos colectivamente será a reforma do Mercado de Monte Alto.

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Concello da Coruña

Horarios Buses Coruña

Centro Información Xuvenil

%d bloggers like this: