Comercio, Ecoloxía

Posicionamento perante o peche do túnel de María Pita


A Asociación Veciñal das Atochas – Monte Alto, a través do seguinte comunicado, quere facer público o seu posicionamento perante o anuncio do Goberno Municipal de peche do túnel de María Pita a partir do mércores 4 de xuño até o ano 2015.

“Probas deportivas, como as do pasado sábado, poñen de manifesto que as vías de acceso e saída son vitais para o normal funcionamento da actividade económica e social do noso día a día.”

Dende a nosa entidade queremos amosar a preocupación das veciñas e veciños polas imaxes que nas últimas semanas estamos a ver nas rúas dos nosos barrios. Probas deportivas, como as do pasado sábado, poñen de manifesto que as vías de acceso e saída son vitais para o normal funcionamento da actividade económica e social do noso día a día.

Non opoñéndonos a este tipo de eventos, consideramos que o Goberno Municipal está errado na xestión do tráfico. Sobretodo nas horas principais de maior movemento de vehículos: mañá, mediodía e noite.

“…consideramos que o Goberno Municipal está errado na xestión do tráfico.”

Do mesmo xeito apuntar que, o peche do túnel de María Pita durante máis de medio ano, suporá un grave problema para a nosa xente que verá condicionada a súa vida por unhas obras que consideramos totalmente innecesarias e que non obedecen aos intereses das coruñesas e coruñeses, senón a intereses puramente especulativos. Obras, apuntamos, cunha inxección de cartos que para outros barrios suporía a mellora da calidade de vida durante anos.

“…o peche do túnel de María Pita durante máis de medio ano, suporá un grave problema para a nosa xente que verá condicionada a súa vida por unhas obras que consideramos totalmente innecesarias e que non obedecen aos intereses das coruñesas e coruñeses, senón a intereses puramente especulativos.”

Dende a asociación chamamos á veciñanza a facer constar o seu descontento cubrindo o “Solicita Xeral” do Concello da Coruña que está no noso blogue e facendo entrega do mesmo nos Rexistros Municipais situados no Pazo de María Pita ou no Forum Metropolitano. De non poder facelo, poderán achegalo á nosa entidade veciñal que se encargará de facelo chegar ás autoridades pertinentes.

“Dende a asociación chamamos á veciñanza a facer constar o seu descontento…”

Conversa

2 thoughts on “Posicionamento perante o peche do túnel de María Pita

  1. que va a pasar con las personas que tengan que trabajar el día 23 de junio por la noche ya pueden ir espabilando porque con el paseo marítimo cortado por las hogueras y el túnel cerrado mal lo veo yo para poder salir ……………. con la misma a partir de ahora todos los vecinos de monte alto están exentos de pagar impuestos por todas las molestias ocasionadas.

    Posted by pily | Maio 30, 2014, 8:42 am

Trackbacks/Pingbacks

  1. Pingback: As declaracións do Concello son positivas mais non garanten nada | A.V.V. Atochas - Monte Alto - Maio 30, 2014

Deixar un comentario

Categorías

Horarios Buses Coruña

Centro Información Xuvenil

Somos entidade colaboradora co Servicio Voluntario Europeo