Comunicacións Directiva

As declaracións do Concello son positivas mais non garanten nada


10252076_10200871941440688_8260110958774870292_nA Asociación Veciñal das Atochas – Monte Alto, a través do seguinte comunicado, quere facer pública a súa contestación ao Concello da Coruña logo da intervención de onte do concelleiro de Deportes Francisco Mourelo.

En primeiro lugar, consideramos positivas as declaracións do devandito concelleiro que veñen motivadas pola oposición veciñal canalizada e denunciada a través da nosa entidade. Mais debemos consideralas insuficientes posto que non lle garanten á nosa veciñanza evitar quilométricos atascos nas horas puntas de entrada e saída ao barrio.

Como xa apuntamos na nota anterior, a nosa xente verá condicionada a súa vida por unhas obras totalmente innecesarias que obedecen a intereses puramente especulativos. E mentras o noso barrio carece dun sin fín de servizos e melloras, inxeccións millorarias son soterradas no centro da cidade.

“… as declaracións do devandito concelleiro que veñen motivadas pola oposición veciñal canalizada e denunciada a través da nosa entidade.”

Recordar que a maiores das 30.000 veciñas e veciños das Atochas – Monte Alto, o Concello debe sumar ás persoas que viven na Cidade Vella, ás que acuden ao centro Abente e Lago, ao turismo e ás persoas que acuden aos Campos da Torre cada día. Como pensades que viviremos así durante máis de medio ano e máis habendo as “Festas de Agosto” e o “San Xoán”? Cal é o plan de mobilidade?

“…debemos consideralas insuficientes posto que non lle garanten á nosa veciñanza evitar quilométricos atascos nas horas puntas de entrada e saída ao barrio.”

Dende a nosa entidade veciñal chamamos a non resignarse e a respostar contundentemente contra un Goberno Municipal que cada día deixa máis ás claras que hai veciñas e veciños de primeira e segunda categoría.

“…chamamos a non resignarse e a respostar contundentemente…”

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Concello da Coruña

Horarios Buses Coruña

Centro Información Xuvenil

%d bloggers like this: