Comercio, Comunicacións Directiva, Urbanismo

Denunciamos a situación do solar do antigo Bar Odilo e Casa das Atochas.


No ano 2014, a empresa construtora propietaria do solar onde se atopaban o antigo Bar Odilo e a Casa das Atochas obtivo o permiso para iniciar as obras de derrube, que comezaron no mes de setembro dese mesmo ano e remataron a principios de 2015.

Posteriormente, por volta do ano 2016, instalouse un guindastre de gran altura no solar, que nunca chegou a ter uso algún, xa que dende esa data non houbo ningunha actividade no solar, que permanece en estado de abandono dende entón, como se pode observar nesta foto actual.

A Asociación Veciñal Atochas – Monte Alto – A Torre recibiu diversas queixas da veciñanza da zona polo estado de abandono do solar, que afea unha das arterias principais do barrio que é ademais área comercial; mais sobre todo a preocupación de veciñas e veciños céntrase no guindastre, que está desatendido dende 2016, e que pode supor riscos para a seguranza, tendo en conta os fortes ventos que hai na cidade en diversos momentos do ano, e que se atopa rodeado de vivendas e próximo a cables eléctricos que colgan de fachada a fachada.

Por este motivo, o pasado mes de abril solicitamos ao Concello que tomase as medidas oportunas para garantir a seguridade desta maquinaria, ou para proceder a súa retirada ata que sexa realmente utilizada. Esta semana vimos de recibir resposta a nosa petición, na que o Concello nos comunica que se lle ordena á empresa responsable proceder ao desmonte e retirada do guindastre de obra, xa que non conta co “preceptivo título habilitante“.

Agardamos que despois do longo periplo xudicial que percorreron as obras neste solar, se teña en conta por todos os implicados o dereito da veciñanza a un entorno urbano seguro e digno.

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Deputación da Coruña

Concello da Coruña

Horarios Buses Coruña

Centro Información Xuvenil

A %d blogueros les gusta esto: