O pasado mes de abril solicitamos do Concello que se realizasen as debidas actuacións de mantemento nos parques do barrio, despois de ter recibido diversas denuncias da veciñanza polo seu mal estado xeral, tanto das áreas de xogo como da súa contorna (pavimento despegado e inchado, papeleiras caídas ou a punto de facelo, tapas levantadas, buracos e saíntes que poden provocar accidentes, etc). A semana pasada realizamos unha visita ao Parque Carlos Casares, a carón do cárcere, e ao Parque das Lagoas (o do Reloxo) e comprobamos que continúan nun lamentable estado de conservación, ademais de non contar con servizos que consideramos básicos para as persoas que os visitan, como son fontes aptas para beber, non aquelas nas que a auga cae en chorro cara abaixo, movido polo vento, e creando lameiras e pozas arredor, ou tamén cando menos un aseo público para nenas e nenos con urxencias, e persoas maiores.
Aquí vos deixamos unhas galerías fotográficas para que comprobedes as necesidades de conservación das que falamos, que polo momento seguen sen atender.
PARQUE CARLOS CASARES:
PARQUE DO RELOXO:
Conversa
Aínda non hai comentarios.