Comunicacións Directiva, Urbanismo

Esiximos a limpeza e rehabilitación da Praza entre as rúas Touro e Coronel Cerviño Núñez.


O pasado mes de xuño, ante o lamentable estado de abandono da praza situada entre a rúa Touro e a rúa Coronel Cerviño Núñez, solicitamos ás Consellerías competentes que se tomasen as medidas necesarias para garantir a seguridade, a salubridade e a convivencia neste espazo.

Fixémolo porque a veciñanza da zona recorreu á Asociación Veciñal, despois de ter realizado diversas xestións co Concello e coa Policía Local, presentando documentación, facendo chamadas, etc, denunciando que o lugar estaba inzado de insectos e mesmo ratas, dándose tamén actividades de vandalismo que deixan o espazo cheo de lixo, ademais do estado deplorable da propia infraestrutura.

A día de hoxe esta é a situación da praza. As imaxes falan por si mesmas e evidencian que non se levou a cabo acción algunha, á parte da colocación de barreiras impedindo o acceso ás zonas máis deterioradas, unha acción claramente insuficiente, e que non responde ás necesidades da veciñanza.

Por este motivo, esta semana enviamos de novo documentación insistindo na urxencia de intervención nesta  zona. Agardamos que desta vez o Concello teña en conta as xustas reclamacións da veciñanza.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Deputación da Coruña

Concello da Coruña

Horarios Buses Coruña

Centro Información Xuvenil

A %d blogueros les gusta esto: