Comunicacións Directiva, Urbanismo

Conseguido!: Melloras que logramos nas últimas datas.


Como saberedes, adoitamos facer públicas neste medio as demandas máis importantes de melloras para o barrio que presentamos ao Concello. Nalgúns casos son atendidas, noutros só a medias (como acontece coa xa histórica petición de que se acondicione para o uso da veciñanza a pista de San Xosé), e noutras logramos o obxectivo perseguido.

Así foi por exemplo na solicitude reiterada de veciñanza e Asociación para a limpeza e rehabilitación da Praza entre a rúa Touro e Coronel Cerviño Nuñez, na que a insistencia e a documentación fixeron que por fin mellorase totalmente o seu estado, como podedes observar nos vídeos, se se compara co estado anterior (aquí)



Tamén conseguimos a retirada do alto guindastre situado na rúa da Torre, que preocupaba aos habitantes da zona nos días de fortes ventos, e que levaba anos abandonado; hoxe xa non se ve esta imaxe, aínda que nesta zona queda moito traballo por facer.


O guindastre atopábase ademais a carón de cables que van de un edificio a outro.

Hai uns días solicitamos tamén a reparación das instalación da Horta Urbana comunitaria do Parque Carlos Casares, e recentemente puidemos comprobar que o valado e a porta estaban xa arranxadas. Non así o camiño de troncos, ao que segue pendente darlle algunha solución, xa que a madeira apodreceu e desfaise ao pisala, co conseguinte risco de caídas, malas pisadas, etc.


Estado actual do camiño que leva á Horta Comunitaria no Parque Carlos Casares

Seguimos traballando na mellora do noso entorno, se tes algunha demanda ou detectaches áreas a mellorar, podes contactar connosco. E por suposto, se queres colaborar no noso traballo, faite soci@, todas as mans son benvidas!!

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Deputación da Coruña

Concello da Coruña

Horarios Buses Coruña

Centro Información Xuvenil

A %d blogueros les gusta esto: