Comunicacións Directiva

O Goberno Municipal informa da intención de recuperar o convenio da Biblioteca Veciñal


O 4 de xaneiro de 2013, o Goberno Municipal do Partido Popular eliminou o convenio que axudaba a manter aberta a Biblioteca Veciñal do Campo de Marte. Dende entón, a colaboración veciñal e as xestións da directiva conseguiron que permanecera aberta dun xeito totalmente autónomo.

O 28 de febreiro do 2015, a nosa entidade chegou a un acordo coa Fundación Paideia polo que, esta última, colaboraba cunha achega económica para a realización das actividades da mesma durante un ano.

Logo da formación do novo Goberno Municipal, a nosa entidade solicitou unha xuntanza co actual concelleiro de Cultura, José Manuel Sande, para falar da recuperación do convenio entre o Concello da Coruña e a Biblioteca Veciñal. Dende a directiva trasladámoslle a demanda veciñal que, no seu día, foi manifestada a través de mobilizacións, recollida de sinaturas…

Pola súa banda, o concelleiro manifestou a vontade do actual Goberno de recuperar dito acordo. Dende a entidade tamén lle comunicamos que tanto o PSOE como o BNG defendían a axuda á Biblioteca Veciñal polo que, neste punto, non debería haber ningún problema.

Hoxe, 21 de xaneiro do 2016, a prensa informa da confirmación de dita recuperación cun convenio de 11.000 euros para o mantemento da actividade da Biblioteca.

Agardamos que rematen as conversas entre os grupos políticos para a aprobación definitiva dos presupostos 2016. Dende a directiva consideramos que o anuncio feito público hoxe é unha garantía da sinatura, nas próximas semanas, de dito acordo.

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Concello da Coruña

Horarios Buses Coruña

Centro Información Xuvenil

%d bloggers like this: