Comercio, Saúde, Terceira Idade, Urbanismo, Xuventude

Mercado de Monte Alto: Urxencia e necesidade de reforma no 2016.


A Asociación Veciñal das Atochas – Monte Alto – A Torre, a través do seguinte comunicado, insta ao Goberno Municipal da Marea Atlántica a que poña enriba da mesa unha data para a reforma do Mercado de Monte Alto.

“Para achegar dun xeito construtivo as nosas suxestións e desbloquear o proceso de reforma, a nosa entidade solicitará unha xuntanza coa concellaría de Rexeneración Urbana, Xiao Varela, e co concelleiro de Emprego e Economía Social, Alberto Lema.”

A nosa entidade urxe que se acometa esta obra logo de que as choivas dos últimos días puxeran de manifesto a grave situación na que se atopan os sumidoiros e o firme da propia Praza. Resaltar tamén o feito de que, no propio edificio, existe unha Escola Infantil onde as nenas e nenos acuden diariamente.

Entre as necesidades sinaladas hai outras que precisan ser atendidas e que, a veciñanza da zona, reclama: a creación dun parque infantil na Praza con xogos adaptados a todas as idades e necesidades, reparar ou substituír o lousado existente, prohibición e control da entrada de camións pesados na parte inferior do Mercado, revisión e substitución dos sumidoiros, revisión dos sistemas de aire do Gadis ao atoparse preto da Escola Infantil, inspección da estrutura inferior (aparcadoiro) onde as filtracións de auga fan que se atope nunha situación crítica e, para rematar, mellora da marquesiña da parada de buses que, actualmente, é insuficiente para o volume de xente que acolle.

“Entendemos e agardamos que un asunto de tanto interese para a xente do común sexa atendido no menor tempo posíbel e dita mellora sexa contemplada nos presupostos de 2016.”

Por último informar que, para achegar dun xeito construtivo as nosas suxestións e desbloquear o proceso de reforma, a nosa entidade solicitará unha xuntanza coa concellaría de Rexeneración Urbana, Xiao Varela, e co concelleiro de Emprego e Economía Social, Alberto Lema. Entendemos e agardamos que un asunto de tanto interese para a xente do común sexa atendido no menor tempo posíbel e dita mellora sexa contemplada nos presupostos de 2016.

Advertisements

Conversa

Trackbacks/Pingbacks

  1. Pingback: O mercado de Monte Alto precisa unha reforma de urxencia - Coruña Daily News - Xaneiro 10, 2016

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Concello da Coruña

Horarios Buses Coruña

Centro Información Xuvenil

%d bloggers like this: