Paseniño, paseniño vou facendo o camiño, é unha proposta relacionada coa identificación do barrio como espazo de mobilidade, de convivencia e de referencia para as relacións sociais e tamén para iniciar o sentido de pertenza e responsabilidade co seu contorno habitual.
Os percorridos diarios da casa á escola conforman desde os primeiros anos unha rutina importante e valiosa na que a familia xoga un papel destacado para poñer en valor o desprazamento como algo máis que un movemento repetitivo e habitualmente precipitado.
As rutas que se presentan e, que están determinadas polas propias familias, conforman uns traxectos cheos de contido, e polo tanto os nenos e nenas poden ir enchendo de significado moitos aspectos materiais e inmateriais ligados ás mesmas: sinais, cancións, música, símbolos,obxectos das rúas, comercios e os veciños e veciñas que cada día atopamos pola rúa forman este novo marco de referencia.
O xoves 28 de xaneiro terá lugar a presentación desta experiencia, na que se contará coa música en directo de Félix Arias.
+ HORA.- 18:00 Horas.
+ LUGAR.- Biblioteca Veciñal do Campo de Marte.
+ DÍA.- Xoves 28 xaneiro 2016.
Conversa
Trackbacks/Pingbacks
Pingback: La AA.VV. apoya un proyecto de movilidad casa-escuela - Barrio de Monte Alto - Xaneiro 26, 2016