Comunicacións Directiva, Mobilidade

1.112 sinaturas para a mellora da liña 17 e a eliminación do cobro do aparcadoiro do Materno Infantil – Oncolóxico


1.112 sinaturas entregadas no Rexistro Municipal.

1.112 sinaturas entregadas no Rexistro Municipal

1.112 foron as sinaturas entregadas esta mañá no rexistro municipal situado no Pazo de María Pita dirixidas á Concellaría de Mobilidade.

Nunha rolda de prensa, á que acudiron numerosos medios de comunicación, o presidente da nosa entidade, Alberte Fernández, explicou que a recollida, iniciada hai dous meses, tivo moi boa acollida entre a veciñanza do Barrio e da cidade en xeral.

Recordou que a petición consta de 3 puntos:

  1. Ampliación da liña 17 até o Materno Infantil – Oncolóxico. (A día de hoxe chega só até a rotonda de Urxencias no CHUAC).
  2. Ampliación da frecuencia de dita liña. (Actualmente, por semana, só 2 buses cada 30 minutos. Fin de semana 1 bus cada hora.)
  3. Eliminación do cobro do novo aparcadoiro do Materno Infantil – Oncolóxico. Consideramos que acodir aos centros hospitalarios é unha necesidade, non un luxo.

Tamén solicitamos unha xuntanza coa Concellaría de Mobilidade para achegar as peticións de melloras en temas de transporte cara o 2016.

Dende a entidade, agradecer o traballo das veciñas e veciñas que colaboraron achegando a súa petición e ás persoas que fixeron recollida das mesmas nos seus centros de traballo, de lecer…. Conseguir tal cantidade de sinaturas en dous meses é todo un logro. Agradecer tamén aos medios de comunicación por achegarse para facer pública a nosa petición.

Agardamos que o novo goberno municipal teña en conta dita petición, tan precisa para as persoas, non só do Barrio, senón tamén de toda a cidade.

Se queredes seguir asinando dixitalmente podedes facelo eiquí: Asina a petición.

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Concello da Coruña

Horarios Buses Coruña

Centro Información Xuvenil

%d bloggers like this: