Hoxe comezamos a recollida de sinaturas para a mellora da liña de bus número 17 que conecta o noso Barrio cos centros hospitalarios e a eliminación do cobro do novo aparcadoiro situado no Materno Infantil – Oncolóxico.
Se queredes descargar o documento para repartir ou recoller sinaturas: Descargar “Folla de Sinaturas Bus 17” (Colocar cursor enriba de “Descargar Folla”, botón dereito do rato, “Gardar destino como…”)
No solicita facemos as seguintes reivindicacións:
“1º Ampliación da liña de bus 17 até o Materno Infantil – Oncolóxico. Ampliación da frecuencia da mesma aumentando o número de vehículos de 2 a 4 e reducindo o tempo de paso (actualmente de 30 minutos).
2º Eliminación do cobro do novo aparcadoiro ás persoas que precisen acudir por motivos de saúde aos centros hospitalarios Materno Infantil – Oncolóxico. Acudir a ditos centros é unha necesidade.”
Se queredes asinar o “Solicita” podedes facelo a partir do día de hoxe na Biblioteca Veciñal do Campo de Marte. Tamén, ao longo da semana que vén, iremos poñendo en diferentes comercios dita folla de sinaturas.
Xa no mes de maio, membros da nosa entidade tomaron o bus coa finalidade de denunciar a situación actual do transporte público e os centros de saúde.
Conversa
Aínda non hai comentarios.